Iniciar sesión: Acceso

Convivencia San Clodio

O pasado mércores 20 de maio chegaba o día da convivencia co CEIP de San Clodio; agardada por todos nós con moita ilusión, xa que unha das características do noso centro é a apertura ao exterior e ás convivencias.

Cada ano xuntámonos nun centro alternando os colexios. Un ano visítannos eles e ao seguinte visitamos nós San Clodio. Este ano tocábanos ir a nós,   así que ás 9:45 estabamos saíndo no autobús; moi expectantes e coas pilas ben cargadas preparados para xogar e coñecer máis sobre os xogos tradicionais.

Chegamos a San Clodio ás 10:15; o director do centro explicounos en que ía consistir a xornada e distribuímonos en grupos.

O espazo de lecer estaba dividido en estacións e en cada unha un xogo tradicional… así que fomos formando grupos con nen@s de ambos centros por cursos: infantil, 1º, 2º, 3º, 4º 5º e 6º. Cada grupo estaba acompañado por un mestre. Así que só quedaba ir escoitando ás dúas monitoras que nos distribuiron nas estacións e   puxémonos a xogar!!

As  monitoras  encargábanse de explicar as regras dos xogos, de dar algunhas instruccións nos de máis dificultade…e cando nos avisaban rotábamos de xeito que todos os grupos estivésemos en todas as estacións.

Case sen decatarnos xa era tempo dun descanso para tomar unha froita: melón, fresa ou uvas que estaban boísimas e que nos repuxo enerxías…. Tivemos media hora para tomar a froita e de xogo libre…así que os máis grandes  aproveitaron para unha avanzadilla de fútbol e  non perder o tradicional partido San Clodio- Pobra do Brollón.

Ás doce volvemos a xogar de novo.  Agora iamos aos que máis nos gustaron ou engancharon pero sempre xogando e ocupando unha estación libre.

Así foi como coñecemos e practicamos moitos xogos dos nosos avós e avoas: a chave, a rá, os zancos, os aros, a Mariola, as cordas, os bolos, os sacos

Xogando , xogando fixemos moitos amigos…e de novo ás 13:15 comezamos a lavar as mans para comer. Pasaron primeiro os de infantil que se sentaron en dúas mesas mezclados claro está,  pois había que aproveitar o tempo para compartir e coñecernos mellor.

Despois pasamos os de primaria, con un xogo que nos gustou moito. Cada neno de San Clodio levaba un ou dous de Pobra con él e así pouco a pouco fomos enchendo as mesas do comedor… A comida foi de novo un momento para seguir compartindo, e a pasalo ben tanto para o alumnado coma o profesorado. Por certo, estaba boísima; comemos de primeiro entremeses e  logo ensalada mixta  con empanada…así que repuxemos ben a enerxia.

Despois de comer voltamos a xogar. Os forofos do fútbol no polideportivo continuaron o partido. Outros xogaron fóra e os de infantil tamén na súa zona, nun areiro que está á sombra debaixo das  árbores; e no porche sacaron cantidade de xogos: cociña, mercadillo, cacharriños… en fin, que este día pasou deseguida.

Foi un día extraordinario, pois aprendemos moito dos xogos de antes, tanto das súas regras, dos materiais para xogar, e de paso da  forma de vida dos nosos  avós e avoas, pois todo está relacionado. Compartimos xogos e experiencias, e sobre todo afianzamos esa amizade que  a través deste tipo de actividades se vai agrandando ano a ano.

 

UN ROTEIRO DE LUXO CON XURXO AYÁN VILA

O pasado martes, día cinco de maio realizamos un roteiro pola nosa localidade para coñecer os vestixios da Idade Media con un guía maxistral: o arqueólogo e investigador da nosa zona: Xurxo Ayán Vila.

PARTICIPAMOS NO CORRELINGUA

 

O mércores 6 de maio, foi o día do CORRELINGUA.

Saímos do colexio, ás 10:30h. Cando chegamos a Monforte, deixamos aos nen@s de infantil no parque da Compañía e o autobús levou ao resto do alumnado ata San Vicente, o parque da Virxe. Dende alí subimos andando  ao complexo de San Vicente. Facía Sol, así que de camiño puidemos contemplar as fermosas panorámicas que dende este lugar se ofrecen.

En San Vicente unímonos aos demais colexios e esperamos a que nos mandasen saír camiñando de novo ata o parque do Condes.

As 11:15h aproximadamente comezamos a camiñar. Algúns centros levaban pancartas; nós levabamos as nosas camisetas co Slogan que creamos este ano, animando a usar a nosa lingua. Así que o grupo dos verdes distinguíase bastante ben.

Baixamos pola Regua, Praza de España, Cardenal para rematar na explanada do Parque dos Condes. Aquí xuntámonos de novo cos compañeiros de infantil.

Na explanada agardábannos algunhas autoridades, que nos agasallaron cunha bolsa que contiña varias cousas: lapis, libros, cores….a todos os colexios que participamos.

Despois, actuou un grupo de rock co que  cantamos e bailamos.

Foi unha mañá moi divertida na que  ademais estábamos a defender algo tan noso como é o GALEGO, a  mellor tarxeta de identidade dos galegos cara o mundo.

 

Sentímonos  satisfeitos e orgullosos de camiñar con tod@s; por este motivo… non hai mellor maneira de defender a nosa lingua que empregándoa.

Xornada de convivencia no Centro de Día: Aprendemos sobre o Horto

Para traballar no noso horto escolar con eficacia…primeiro de nada precisamos información sobre  donde plantar,como ….cando…e como coidar despois as plantas.

Moitos d@s alumn@s teñen horta nas súas  casas, así que unha das primeiras actividades foi recopilar información acerca do horto en xeral: preparación da terra, sementamos, plantamos e coidamos.

Non nos pasou desapercibido que no centro de día, que está enfrente do cole seguramente nos podían axudar moito…así que concertamos unha xornada de convivencía, na que os maiores puidesen axudarlle aos nen@s a plantar….para asi por en funcionamento un recuncho do entorno do centro destinado ao horto escolar.

O mal tempo que facía o mércores fíxonos facer variacións nesta actividade, e como chovía en vez de vir eles fomos nós alí. @s nen@s preguntaban e eles íanlle contanto con moito interés pois estaban a falar das súas vivencias e coñecementos…e comprobando  a súa vez o valor que tiñan

Contáronlles temas xerais como: primeiro hai que preparar a terra, roturala, abonala,,,,

Despois comeza a plantación que sempre debe ser na lúa minguante ou lúa vella…para que os froitos non se saían.

Empréganse ferramentas como a forcada para o abono, a gadaña para sachar….

Os froitos réganse normalmente polo rego…pois se se lle vota a auga nas ramas por exemplo as leitugas estráganse.

Para plantar hai que facer un rego coa gadaña, colocar as plantas con distancia segundo o que acostumen a medrar ao ancho de adultas e apretar un chisco de terra na raíz para que non lle quede aire. Logo facer outro rego e tapar.

É importante quitarlle a maleza ou herbas que nacen para que non lle quiten abono e sachar facendo regos para poder regalas. Isto chámase acochar.

Foi unha xornada moi positiva en moitos aspectos, pois non só recolleron información senón que descubriron a sabiduría que garda a xente maior, a importancia de escoitalos e que no la transmitan para enriquecernos e que non se perda. o respecto que lle debemos non é porque sí.

Por outra banda eles tamén se sentiron útiles, vendo como eran apreciados como unha fonte de información valiosa….

Esta visita só foi o comezo pois se nun principio non lles chistaba a idea de axudarlles no horto, quedaron citados para vir ao noso centro e poder axudarlles recordándolles algunhas instruccións o día que vaimos plantar…se o tempo nos deixa o vindeiro mércores.

 

 

UN DÍA EN BURELA

O 25 de marzo era un día moi agardado por tod@s xa que nos esperaba a excursión a Burela.

Días atrás no centro disfrutáramos do obradoiro “O sabor da aventura está no mar” que nos axudou a preparar e así aproveitar mellor esta saída.

É unha actividade, dentro do plan proxecta, co obxectivo de concienciar ao alumnado da importancia do peixe na nosa dieta, saber cales son os seus beneficios, que debemos facer para manter limpo o mar…

Sen dúbida foi un día diferente, no que aprendemos, divertímonos, compartimos momentos tod@s xuntos fóra do noso centro. Cando nos dimos conta xa estábamos de volta; iso da mostras de que o tempo pasou voando.

Ímosvos facer un resumo do día…mirade as fotos que vos deixamos…

Saímos do centro pasadas as 9.30 h. No autobús vimos unha película, cantamos, rimos…

As 10.30h fixemos unha parada para despexarnos un pouco e merendar.

Chegando á costa de Lugo empezamos a disfrutar das súas paisaxes, do mar..

E…por fin…chegamos a Burela.

Comezamos coa visita ao barco – museo boniteiro Reina del Carmen. Nel  vimos as súas diferentes partes: a neveira onde se acumula o peixe para que se conserve mentres non volven a terra; a sala de máquinas, os camarotes, a cociña…

Outros detalles importantes que nos ensinaron centráronse en artes de pesca, restos de peixes…

En definitiva, adentrámonos un pouco máis no mundo mariño.

Todo isto abriunos o apetito, así que era hora de comer. Como non podía ser doutro xeito o menú estaba centrado en produtos obtidos do mar.

Despois de repoñer forzas dirixímonos á lonxa de Burela; unha das máis importantes de Galicia e na que se pescan toneladas de peixe.

Non podemos negar que foi un momento moi esperado, ansioso, divertido… Coñecemos a lonxa a través dunha visita guiada: cámaras de frío, xeito de descargar e distribuír o peixe na lonxa, como se pesa…e o que máis nos gustou foi tocar numerosos peixes.

Ademais un centolo e un lubrigante fixeron moi amena esta visita.

Unha vez rematada a visita á lonxa, fomos á praia de Arealonga, cunha fermosa paisaxe na que disfrutamos do mar, da area…e na que aproveitamos para merendar.

 

Finalmente, regresamos a Pobra sabendo que foi unha gran experiencia a que vivimos neste día, e que esperamos repetir pronto. 

DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE

O pasado 21 de marzo conmemoramos o Día Mundial da árbore, un ben tan prezado e que debemos conservar. A día de hoxe, hai unha gran perda de bosques que afectan ao planeta.

As árbores contribúen en gran parte ao osíxeno que respiramos, humedecen o ambiente, reducen o ruído, axudan a diminuír a contaminación…son riqueza…

Nesta data plantamos con moita ilusión e concienciación  un acivro.

Primeiro, o alumnado de 5º e 6º fixeron o burato, meteron o acivro, botáronlle terra, abono…

A continuación, os nen@as de infantil foron pisando a terra para que quedase ben prensada.

Despois, os alumn@s de 1º e 2º  rodearon o acivro de pedras e 3º e 4º encargáronse de poñer paus dereitos ao seu carón para sinalizalo e protexelo.

Finalmente, regámolo.

Un traballo en equipo e que nos serviu para ser máis conscientes da importancia das árbores, dos seus beneficios, dos coidados que precisan.

 Ao longo desta semana tamén limos o conto “Dama de auga e os segredos das árbores”, unha actividade en colaboración coa Deputación de Lugo que nos enviou os contos e o acivro.

Obradoiro "O sabor da aventura está no mar"

O pasado mércores tivemos no centro un interesante e divertido obradoiro co obxectivo de transmitir ao alumnado a importancia dos produtos do mar na dieta, en relación coas achegas nutritivas e fomentar o seu consumo.

Os contidos deste obradoiro xiran en torno a 4 bloques:

-Medio mariño e especies

-Conservación

-Gastronomía

-Nutrición

O alumnado dividiuse en 2 grupos, en función do rango de idade. Cada grupo (grupo 1 formado por Infantil e 1º e 2º de Primaria; o grupo 2 formado por 3º, 4º, 5º, 6º), participou no obradoiro durante unha hora, que se distribuía do seguinte xeito:

-20 primeiros minutosrepresentación dunha pequena obra de teatro na que os educadores, nos papeis do pescador Luís e a cociñeira Dona Mariña pregúntanse se o alumnado coñece a importancia de comer peixe. É unha actividade moi atractiva  xa que os nenos/as participan na obra, aprenden de xeito lúdico.

-30 minutos seguintesNo grupo 1 tiñan que pasar unhas probas para ser grumetes; sobre unha tea azul que representa o mar pescaban tarxetas: peixes, material de refugalllo que aparece no mar, comidas elaboradas con peixe. Tiñan que saber a que lugar levaban a tarxeta pescada: á cociñeira levábanlle os pratos elaborados, ao pescador os peixes e ao terceiro personaxe o que non debería aparece no mar nunca..

O grupo 2 participa nun concurso no que teñen que ir respondendo a diferentes preguntas; obteñen pezas para compoñer finalmente un puzle no que se poden ver 3 imaxes: unha ración de polbo, a Illas Cíes e unha terceira imaxe sobre os beneficios de comer peixe.

Desta forma conseguiron ser grumetes para poder saír a pescar e consumir máis peixe.

-10 últimos minutos: Conclusión do obradoiro, e onde se lle da  ao alumnado unha breve carta de compromiso, na que firmarán que van comer máis produtos do mar e van difundir a mensaxe entre os amigos e familiares.

 

Esta actividade está enfocada a prepararnos para a excursión a Burela que faremos o vindeiro mércores, día 25 de marzo. Nesta visita acudiremos á Lonxa de Burela, ao barco - museo.

 

Unha actividade enriquecedora e produtiva, que nos poñerá en contacto co mundo do mar.

Almorzo saudable

Un almorzo saudable no centro.

O pasado xoves, día 5, compartimos mestres e alumn@s un almorzo saudable. É considerada por moitos a comida máis importante do día xa que pasa un período bastante longo dende que inxerimos alimentos por última vez. Vainos permitir obter os nutrientes necesarios para afrontar todas as actividades que realizamos durante a mañá. Por tanto, debe ser un almorzo saudable, variado e equilibrado.

Consistía en froita (uvas, fresas, plátano), torrada con tomate e xamón, leite con cereais e zume de laranxa natural. Así obtemos vitaminas, hidratos de carbono, proteínas…

Pretendemos fomentar unha alimentación suficiente,completa, variada e axeitada. Isto axudará ao correcto crecemento, ao  desenvolvemento físico e intelectual dos nenos/as, ao mesmo tempo que contribúe a manter unha boa saúde. Danos a enerxía precisa para as funcións vitais, lúdicas e de aprendizaxe.

O alumnado aprendeu e disfrutou moito con esta iniciativa.

 

 

 

 

 

UNHA PARÉNTESE PARA A BROMA, AS TRASNADAS:" O ENTROIDO"

UNHA PARÉNTESE  PARA A BROMA,  AS TRASNADAS:  O ENTROIDO

Na nosa zona encerra moita tradición o entroido...polo que non podemos quedar alleos a estas celebracións. A través das propias vivencias achegámonos as costumes e tradicións desta celebración: Creamos os compadres, as comadres, seguimos as ordes do meco a última semana e rematamos o venres todos disfrazados visitando o centro de día e a localidade.

O entroido  marca unha paréntese para olvidarnos da igualdade e establecer dous bandos moi claros: o de homes e mulleres seguindo unha tradición do entroido. O venres 30, creamos no centro dous obradoiros a partir de 3º de primaria; o de mestres e nenos para crear as comadres, e o de nenas e mestras para crear os compadres...

A gracia aumenta porque os compadres son os mestres baixo algunha caracterización e as comadres as mestras. A partir deste día reina a intriga, por saber uns dous outros...ou por descubrir donde están os traballos gardados.

O xoves 5 pola mañá aparecen os compadres;este ano os catro mestres eran os protagonistas das películas de animación que foron nominadas aos óscars acompañados da correspondente historia, que mezcla o guión con anécdotas, e a realidade máis graciosa dos mestres...

Os nominados aos óscars foron:

"Los Boxtrolls". Ao protagonista desta película deulle vida o profe de inglés, Paco.

"Son of the Sea". Ao protagonista Ben encarnouno o profe de relixión, Félix.

"Como entrenar a tu dragón". A Hipo, caracterizouno o profe de educación física, Julio .

"Big Hero 6". A Hiro interpretouno o profe de infantil, Óscar.

A disputa polo Óscar entre os catro heroes  creou unha historia divertida  que interpretaron os mestres a última hora.  Despois, as nenas sacan o compadre para queimalo e os nenos tratarán de impedilo...Son uns minutos de carreiras, por escapar co compadre as nenas e por tentar rescatalo os nenos. Ao final facemos a queima do boneco. Foi un día moi divertido.

O xoves 12, xoves de comadres o xogo invírtese. Agora gardan con moito segredo o bando masculino as comadres...e tentan descubrilas as mestras. Este xoves,  amaneceron as mestras baixo o programa "Tu cara me suena" facendo honores ao título "As maniaticas de Brollón".

Dori: Chegou a Brollón ardooooooooooora la dictadora. Non cremos que despois desta, se lle ocurra repartir tarefas, dar ideas...

Silvia: Que orienta tan ben que chegou ata a dirixir o tráfico. A súa xenerosidade levouna a repartir kiwis con tod@s.

Nuria: como vén de Madrid, tíñalle un pouco de medo a falar o galego...pero moito se aplicou e xa vai perdendo o medo.

Olga: a profe para ba pan chin...de música e as súas costumes impecables cos utensilios da mesa.

Lola: a alimentadora que nos da contento e que non se vai poder xubilar así tan pronto.

Leti: a compañeira de prácticas que buscou no diccionario un  montón de palabras acabadas en dora.

Como o xoves anterior, na última sesión de novo un pouco de  teatro. Esta vez son as mestras as que representan a súa historia para logo sair os nenos coa comadre. Corren con ela e as nenas intentarán salvala durante uns 10 minutos e rematar según a tradición coa súa queima, e festexando este día.

Esta semana de entroido, do 9 ao 13 de febreiro,  estivo acompañada das ordes do meco de luns a xoves. Así que cada día tocou algo que nos caracterizase a todos cunha gotiña de entroido que se ía agrandando en gracia, xa que era acumulativo.

Rematamos a semana disfrazándonos tod@s baixo a temática de froitas e hortalizas, xa que este curso en Voz Natura traballaremos co horto ecolóxico e o noso Plan Proxecta xira en torno á alimentación. Un día máis, no que deixamos as rutinas de cada día para encher o centro de colorido e gracia:

Infantil: de fresas as nenas e zanahorias os nenos.

1º e 2º: de peras.

3º e 4º: de plátanos e tomates.

5º e 6º: racimo de uvas.

Como todos os anos estaba previsto visitar os nosos veciños do centro de día e logo seguir a dar o paseo pola localidade. pero a ameaza de choiva fíxonos suspender o paseo pola localidade. Máis ao final estivo moi ben compensado, pois quedamos no centro de día máis tempo. Sempre supón unha convivencia moi grata,  tíñannos preparada unha sorpresa, unha piñata con chuches para tod@s e ademáis... tamén estaban disfrazados, de profesións de antes...

Tivemos un coloquio moi enriquecedor no que nos contaron de que ían disfrazados; faláronnos de profesións que xa non hai, pero que coñecemos gracias a eles: a de matador de porcos, a de remendeira, de mecánico, ferreiro...Nós tamén lles explicamos cales eran os nosos disfraces.

Despois cantamos todos xuntos cancións que sabiamos tod@s. Foi unha mañá moi divertida e sobre todo entrañable!

Á unha voltamos para o cole a xantar. Por certo, quedábanos contar  que estes días de entroido nos menús tamén nos acompañou a tradición  da comida do entroido: comemos cocido, orellas e o venres a nosa prefe de actualidade: pizza.

 

 

Día Mundial da Paz e a Non Violencia

O pasado venres 30 de xaneiro, celebramos o Día Mundial da Paz e a Non Violencia. Celébrase dende 1964 para conmemorar a morte de Gandhi.

No centro lembramos a necesidade dunha educación para a tolerancia, a cooperación, a solidariedade, o respeto aos Dereitos Humanos…unha serie de valores que buscamos que o alumnado transmita cada día.

Unha das actividades que fixemos foi elaborar unha árbore composta polas mans dos alumnos ( de diferentes cores, en diferentes posicións..) Nesta árbore hai mensaxes pedindo Paz, loitando contando contra o maltrato, contra as guerras, os insultos, a marxinación…

Cantamos a canción “No dudaría” de Rosario, dirixidos pola nosa mestra de música, Olga. Conta cunha letra moi fermosa e significativa, na que podemos observar frases como “nunca más usar la violencia”, “si pudiera sembrar los campos que arrasé”. A verdade é que a calquera se lle poñen os pelos de punta escoitando ao alumnado cantar cancións tan representativas.

Por outro lado, a temática da lecturas desta semana, tamén tivo como eixe central a Paz.

O alumnado do 2º ciclo contoulles aos demais compañeiros/as o conto “Coas mans baleiras”.

Alba está invitada a merendar na casa dun amigo que está de aniversario. Non sabe que regalarlle, e polo camiño vai pensando no agasallo. Ocórrenselle moitas cousas, pero non é fácil decidirse cando é algo especial.

Fainos reflexionar acerca de que os mellores agasallos son os que non se compran, preséntanos nas personaxes uns valores moi bos, positivos…

O alumnado do 3ª ciclo encargouse de falarnos sobre “O neno can”.

Finalmente, fixemos unha mención moi especial á galardona co Premio Nobel da Paz 2014, a Paquistaní Malala, que lle arrebataron a vida de xeito incomprensible por defender a escolarización das mulleres, pola súa loita contra a opresión dos nenos, polo dereito de todos os nenos e nenas á educación.

Distribuir contido