Iniciar sesión: Acceso

FESTIVAL DE NADAL

FESTIVAL DE NADAL. 2019

nadal

O venres, 20 de decembro pechamos o primeiro trimestre, abrindo a porta ás vacacións co noso tradicional festival de Nadal. Este é o froito do traballo dun gran equipo, os profes e alumnado do cole no que participamos todxs. Botamos de menos a Fabian, que unha  imprevista indisposición o fai estar nestes intres no hospital. Pero Fabian estivo moi presente nos nosos corazóns, e por iso lle desexamos unha pronta recuperación e lle adicamos o festival.

O comedor, que fai de  salón de actos, énchese de  familias, amigos e entre eles uns moi especiais, os usuarios do centro de día que sempre nos acompañan nestes eventos.

Vivimos pois unha mañá entrañable, na que fomos os protagonistas indiscutibles rodeados polas persoas que nos queren e que nos aplaudiron un montón.

Comezamos o Festival co alumnado  de 3º, 4º, 5º e 6º que dirixidos por Paula, a profe de Educación física, fixemos unha estupenda actuación de acrosport.

Despois chegaron os mais pequenos só en estatura, o alumnado de infantil, dirixido polo seu profe Oscar, fixeron un baile co que nos espertaron aos espectadores as gañas de bailar.

A continuación o alumnado de 1º e 2º dirixidos por Paco e Dori representaron unha peza de teatro coa que nos enviaban mensaxes como a necesidade de Paz e de coidar o noso planeta. Titulábase “Nadal no Ceo” de María López e foi adaptada para eles.  Remataron bailando e cantando a panxoliña “Nadal Twist”.

E despois actuaron os nenos e nenas de terceiro e cuarto, cunha obra chea de humor, e tamén con algo de mensaxe acerca do compromiso e o bo traballo dos servizos. Esta obra escribiuna, Pablo, o titor de 3º e 4º, pensando ademáis nos papeis para o seu  alumnado. Tilúlase “A oficina de emprego” e remataron cun rap moi reivindicativo.

Entregamos dúas cestas de Nadal que fixemos coa aportación dos proveedores do comedor escolar. O alumnado vendeu  as rifas. O sorteo celebrouse no comedor escolar o xoves 19. A recadación será para axudar a financiar a excursión de fin de curso. Sacaron os números dous nenos de 3 anos: Martiño e Carlota saíndo premiadas os números

A continuación actuou o alumnado de 5º e 6º, que dirixidos por Paula a súa titora, e Dori, a profe de galego, puxeron en escea unha peza de teatro que nos achegou a unha faena tradicional: a matanza, que  pon en relieve a colaboración entre os veciños e o espíritu acolledor .  A obra titulase: “Deixade escoitar o parte”.

Remataron cun baile: “Santa Claus is coming to town”

Continuamos o festival coñecendo os gañadores  do XXIX Certame de Contos de Nadal.  Os creadores das mellores historias do 2019 foron:

En segundo: Arianna.

En terceiro: Antón

En cuarto: Candela

En quinto: Dani

6º Houbo en empate: Amanda e Aelfie.

Durante o festival  agradecemos a todos a colaboración e moi especialmente a Conselleria: á Sra Xefa  Territoral, á Unidade Técnica e á inspección o seu compromiso cos colexios rurais, especialmente co noso. Coas reformas que se continuaron  facendo este curso  estreamos: a aula de informática, unha biblioteca nova e a aula de infantil…Pouco a pouco o colexio foise transformando. A día de hoxe, queda un pequeno empurrón para que queden prácticamente novas todas as instalacións do centro.

Pechamos o festival cun canto de reis, no que cantamos todo o alumnado do cole, ensaidado e dirixido polo profe de música, Pablo. Titúlase “A noitiña de Nadale”.

Ao final tivemos unha sorpresa, pois os profes entregáronnos un calendario de mesa cunha imaxe de nadal do mural da  entrada, creado entre todxs. Un poboado, no que estamos todxs asomados ás ventas das casas.

Rematamos o festival coa nosa mensaxe de Nadal:

 Que o nadal chegue a todos os fogares.

Que nos acompañe a saúde e a ilusión.

Que  no 2020  medre o compromiso de traballar para que o noso mundo mellore.