SELO DE BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA PARA O CEIP DA POBRA DO BROLLÓN.
Estamos de noraboa!!
A Asesoria de bibliotecas escolares vén de publicar a relación de centros que recibirán "o Selo de Biblioteca Escolar Solidaria" polas boas prácticas levadas a cabo na biblioteca no curso 2018/19 entre os que se atopa seleccionado o noso centro.
O premio consiste nun diploma para o centro, o distintivo de selo de biblioteca escolar solidaria e unha dotación económica de 1500€.
Este curso foi moi fructífiro recibindo varios premios: A principio de curso formabamos parte do proxecto de biblioteca creativa que nos permitia traballar cos escornabots. En maio os nosos biblioaxudantes (nenos e nenas de 5º e 6º) recibian o premio de voluntariado de lectura pola súa participación na xestión e dinamización da biblioteca escolar. Pois non podiamos rematar de mellor forma este curso: O distintivo de selo de biblioteca escolar solidaria para a nosa biblioteca que como sabedes é a protagonista da vida do centro. Este premio e o froito do traballo de toda a comunidade educativa, por iso queremos compartilo e agradecer a suma de esforzos:o profesorado, nosos nenos e nenas que coidan, disfrutan e traballan para ter unha biblioteca ordenada, coas familias que tamén participades sempre gustosamente, e con todxs aqueles que vos achegastes a biblioteca a enriquecernos... Agradecer tamén a Asesoria de Bibliotecas Escolares o seu traballo, esforzo para levar a cabo iniciativas deste tipo que nos brindan a oportunidades para traballar dende a innovación