Iniciar sesión: Acceso

PREMIO AOS BIBLIOAXUDANTES: Formación para crear "booktrailers".

Ao longo de todo este curso xa vos fomos contando o traballo que os nenos e nenas de quinto e sexto levaron a cabo como biblioaxudantes, un traballo que require de moito compromiso e responsabilidade. E o bo traballo, merece unha recompensa. 

 

Dende Bibliotecas Escolares convocáronse uns premios e animáronnos a participar en tres modalidades de concurso: colaboración coa xestión, lecturas compartidas no centro e lecturas compartidas fóra do centro. E o resultado non puido ser mellor! Fomos un dos dous centros premiados da provincia de Lugo. 

 

O premio consistiu nunha formación para os biblioaxudantes e para as mestras así que o martes día catro puxémonos mans á obra e aprendimos a crear os nosos propios booktrailers. 

 

Os booktrailer son pequenas curtometraxes que recomendan libros que nos gusten, e fano tendo como protagonistas aos propios lectores. 

 

Dende primeira hora da mañá acompañounos Verónica, unha estupenda profesora con moitas gañas de poñernos ao día coas novas tecnoloxías. Cada equipo escolleu o seu libro preferido da biblioteca e déronlle un repaso. A primeira actividade consistiu en crear unha ficha cos principais datos do libro, o argumento e unha breve explicación de porqué escollemos ese libro. 

 

Con esa información á man, comezamos a preparar o noso guión literario, unha secuencia de seis viñetas nas que reflexammos como queremos que sexa a nosa curtametraxe. Daba gusto ver aos rapaces e rapazas falar de planos curtos e secuencias! E unha vez rematado, tocou convertirse en actrices e actores. Cos novos Ipad que adquiriu o cole, cada grupo grabou as secuencias que tiña pensado, os audios en off, sacou fotos, creou imaxes en movemento e deixou todo o material seleccionado. 

 

Logo tocoulle traballar a Dori e Paula. Co material que deixaron preparado, tiveron unha hora de formación sobre a montaxe e edición de videos. Aquí podedes disfrutar deles. 

 

Foi unha mañá moi proveitosa e da que disfrutamos tod@s descubrindo novas facetas e novas tecnoloxías. 

 

Premede aquí para disfrutar das imaxes deste día.