Iniciar sesión: Acceso

CEA DE FIN DE CURSO.

O pasado venres celebramos unha cea no comedor do CEIP da Pobra do Brollón. Tiña como finalidade recaudar fondos para a excursión de 5º e 6º de primaria programada para o 17 de xuño ao 21 a Cantabria.

Esta cea está organizaca polo  Centro e as familias dos nenos de quinto e sexto. Acaba sendo unha convivencia entre as famlias, ex alumn@s, ex profes, e xente  vinculada dalgún xeito ao centro polo que se convirte unha xornada moi entrañable de reencontros.

A excursión ábrelle ao noso alumnado a posibilidade de desfrutar duns días de  vivencias e experiencias moi enriquecedoras tanto a nivel cultural como de relacións entre o grupo.

Participarán na excursión a totalidade do alumnado de 5º e 6º, 10 alumn@s acompañados pola titora Paula Lapido e a Directora Dori Fernández.

Sairemos de Pobra o luns 17 de xuño  sobre as 8:30 da mañá para aproveitar a xornada. Comeremos en León donde visitaremos a catedral.  Chegaremos a Cantabria  sobre as 16:30 para visitar un parque multiaventura.

Serán uns días intensos nos que pretendemos descubrir, ver, empaparnos de información  e divertirnos. Visitaremos  Altamira, Santillana do Mar,  Santander, o Palacio da Magdalena e o museo de Guggenheim en Bilbao e xa de volta o museo Jurásico en Asturias.

Temos que agradecer a todos os asistentes a súa participación   que convertiron esta xornada nunha experiencia entrañable, ao profesorado que se implicou tamén colaborando na organización, ás familias de quinto e sexto que traballaron moi eficazmente para que todo estivese perfectamente organizado, e como non a todos os proveedores do centro que colaboraron aportando alimentos  ou con agasallos que se sortearon durante a cena cos números de entradas.

Unha xornada estupenda, de relacións humanas que indudablemene crean lazos afectivos na comunidade educativa, e de camiño, a recaudación de fondos para que coa colaboración de todos esta excursión sexa aequible a todas as familias.

Podedes disfrutar das imaxes da cea premendo aquí.