Iniciar sesión: Acceso

FESTIVAL DAS LETRAS 2019.

 

ANTON FRAGUAS: imaxe de Renfe.

 

O xoves, 16 de maio celebramos o festival das Letras Galegas, e nesa semana iniciamos actividades relacionadas coa figura de Antonio Fraguas que se desenvolverán ao longo do mes de maio.

Coñecemos a figura de Antón Fraguas a través da exposición dos carteis que recibimos no centro, como cada ano, e que expuxemos no comedor. Completamos a biografia consultando os libros que tiñamos na biblioteca.

Así soubemos desta gran figura galega, da que non coñeciamos nin a súa existencia, e comprendemos, mellor aínda, por qué cada ano se lle adica o Día das Letras Galegas a unha persoa que traballou, moitas veces en tempos difíciles, polo medrar e personalidade de Galicia. Algúns escritores como Rosalía, Manuel María, Castelao… merecen esa homenaxe e sirve para profundizar máis na súa obra; pero outros, como Antonio Fraguas é unha oportunidade para coñer a persoas que amaron, investigaron e traballaron para que a historia de Galicia saia a luz e ocupe o seu lugar. gracias a persoas como él…Galicia ten unha lingua, unha cultura e unha historia propias. Na nosa man está agora que teña presente e futuro. 

O xoves, celebramos como cada curso o festival das Letras Galega. Supón un traballo distinto, agora nos recreos, nas horas de ler, algunhas clases, ensaiamos as actuacións que decidimos facer cos nosos profesores. Nos nosos festivales sempre hai algo de todo: cantigas, bailes e sobre todo teatro…

Como cada curso esta é unha actividade aberta a toda comunidade educativa, e institucións…así que as nosas familias, os veciños do centro de día, persoal do concello, nos arroupan unha mañá na que nos sentimos importantes, coa responsabilidade de facelo ben, pois somos os protagonistas indiscutibles, especialmente o alumnado de 6º, sobre o que recae o maior peso da organización do festival. Presentaron o festival Eli, Aday e Brais. Leron a vida de Antonio Fraguas, os premios de Certame Letras Galegas, e responsabilizáronse de abrir e pechar cortinas Julia e Roi. 

Comezou o noso festival ás 11 da mañá. Os nervios, case o medo, pero tamén a responsabilidade de facelo ben conxúganse dun xeito especial…e pouco a pouco arroupados polos asistentes…iremos vivindo todxs xuntxs unha mañá inolvidable.

Os primeiros en actuar son os máis grandes artistas: Os nenos e nenas de infantil que dirixidos polo seu profe Oscar nos deleitaron cun fermoso conto tradicional que se presta moi ben para o teatro: “A ratiña presumida”.

En segundo lugar Xulia e Roi léronnos a vida e a obra de Antonio Fraguas.

A continuación os nenos e nenas de primeiro e segundo, dirixidos polos seus profes Paco e Dori puxeron en escea unha obra que combina a gracia e a mensaxe…pois Don Latin e Dona Grecia teñen unha nena, Gallecia, que é fermosa pero está enferma a lingua non lle medra porque non fala galego. Deixanos con moita gracia  unha fermosa mensaxe: coidar e falar a nosa lingua.

O alumnado de 5º e 6º, dirixidos polas súas profes Paula e Dori, puxeron en escea unha obra dun escritor  da localidade de Salcedo, que editou dous libros de obras de teatro para infatil e adultos que representan cada entroido en Salcedo. Javier, asistiu e agradeceunos que puxésemos en escea unha obra súa. Unha comedia simpática de dous rapaces  que van a cidade a unha discoteca… Remataron a obra cun baile moderno. A obraque representaron titúlase: “A bailar”.

O alumnado de 3º e 4º, dirixidos polo seu profe Pablo, escribiron e representaron, polo Nadal,  unha obra na que confronta  con moita gracia a convivencia das parellas no mundo rural; déronlle continuidade e se no Nadal se titulaba a obra: “A banca sempre gaña” (Un banco donde se sentaban as veciñas moi frecuentemente a resolver os problemas) seguiron escribindo eles mesmos para representarnos agora: “a banca sempre gaña ou non”. Agora son os homes os que ocupan o banco, con prederencia, e traman como vingarse das mulleres, que os fan traballar arreo…pero non acertan.

Voltaron os nenos e nenas de 5º e 6º que puxeron es escena a obra “Sen saír da casa”. Unha parodia chea de gracia, dun magazine no que se entrevista diversidade de persoas de actualidade. Hai noticias  graciosas e inxeniosas que crearon os alumnxs e que gravamos previamente na radio…tempo tamén para a publicidade con anuncios creativos e graciosos  que tamén crearon eles…e que igualmente gravaron na radio para emitir e actuar no festival en playback.

Coñecemos os gañadores do XXVIII Certame dos contos das Letras Galegas. Este ano, tendo en conta o Lema de Bibliotecas Escolares os premios consistiron en libros de poesía. Os gañadores  foron: 

  • Primeiro e segundo: Arianna e Antón

  • En terceiro e cuarto: Keira e Candela

  • Quinto e sexto: Amanda e Xulia.

 

E cando nos iamos despedir co himno galego Pablo, o profe de música e os nenos e nenas de 3º e 4º déronnos unha sorpresa. Soou unha polka e comezaron a bailar diante do escenario…pero empezaron a sacar a bailar a todxs e fomos formando unha fila que percorreo o espazo do salón  bailando ata que rematou a peza. Moi poucos quedaron sentados… unha sorpresa agradable que nos uniu un chisco máis nesta celebración alegre na que todos nos sentimos orgullos dos nosos nenos e nenas, familias e Mestres.

 

E rematamos o festival agradecendo a presencia de todxs e as colaboracións, satisfeitos do traballo dun gran equipo colaborativo no que participamos todxs.