Iniciar sesión: Acceso

SEMANA DO LIBRO.

O día 23 de abril, coincidindo co aniversario da morte de Cervantes, celébrase o Día do Libro, unha data moi especial no noso centro. Os libros son o eixo fundamental da nosa escola, cos que estudamos, descubrimos, viaxamos, compartimos.... así que a celebración converteuse nunha semana de actividades coas que todos disfrutamos e aprendimos. 

 

 

 

APADRIÑAMENTOS LECTORES. 

Un ano máis levamos acabo esta actividade na que os nen@s máis maiores, dende 4º a 6º de Educación Primaria, cóntanlle un conto aos máis pequenos do cole. Cada un dos maiores escolleu un libro que lle gustara e preparou a lectura. Durante as horas de ler de toda esa semana sorteamos os agrupamentos e puxémonos a ler. "O monstro de cores", "Vacío", "Blobló", "Elmer".... e un montón de títulos máis soaron nas voces dos nen@s e os peques disfrutaron un montón. 

Ademais, a localización da actividade foi moi especial: estrenamos a nova biblioteca. A pesares de non ter aínda mobles xa puidemos comezar a disfrutala e que mellor día e ocasión ca esta. 

 

BOOKTUBERS

AS novas tecnoloxías son un recurso moi interesante e tamán se pode unir aos libros. Nesta actividade todo o alumnado de educación primaria convertémonos en booktubers. Durante as vacacións de semana santa todos os nenos e nenas levamos o seu libro preferido da biblio para volver a lelo. Ademais tiñamos que completar unha ficha na que contabamos un pouco do argumento e o motivo polo que os demais compañeiros deberían ler ese libro. 

Unha vez feito ese traballo, cada un de nós preparou unha pequena presentación e convertémonos en famosos youtubers! Os profes grabáronnos e montamos o video para publicar as nosas recomendacións lectoras. Os nenos e nenas de 3º e 4º incluso creamos as nosas propias marionetar para contar o noso libro e o resultado foi xenial. 

Nos seguintes enlaces podedes disfrutar do resultado. Esperamos que vos guste: 

 

POEMAS COMPARTIDOS. 

O último día disfrutamos coa poesía. Aproveitando que o tema deste ano de Bibliotecas Escolares é "poéticas diversas" decidimos que os maiores despedisen esta semana de actividades recitando poemas ao resto de compañeiros e mestres. 

Cada un de nós recitou un poema escollido de diferentes libros: "Os soños na gaiola" de Manuel María, "Roseira do teu mencer" de ñAlvarez Blázquez ou "A casa de había unha vez" de Ana María Fernández. 

Os máis maiores preparamos moi ben os nosos poemas e a todos disfrutamos moito deste xénero. 

E ata aquí a semana de celebracións do día do libro que nos permitiu descubrir novas aventuras, experiencias, ideas... ademais de aprender moito. 

Se premedes nos títulos de cada actividade podedes difrutar de todas as fotos.