Iniciar sesión: Acceso

XOGANDO COA XEOGRAFÍA.

O pasado martes, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria tivemos unha clase de ciencias moi entretida. Xa que no pasado tema nos tocou estudar a Unión Europea, os países, capitais e bandeiras, fixemos unha xornada de repaso, pero intetamos que fora entretida e divertida. 

Na nosa biblioteca temos milleiros de libros, robots, ordenadores, e tamén temos xogos! Así que decidimos aproveitalo. O noso xogo chámase "Países de Europa" e nel todos nos convertemos en turistas que viaxamos arredor do noso continentee. Nunhas tarxetas vannos dando pistas como a localización no mapa, a capital e a bandeira de cada país, e con elas temos que adiviñar onde nos atopamos. Cantas menos pistas precisemos, máis puntos levamos ee antes chegamos ao noso destino. 

O xogo é un recurso educativo fundamental e que ademais resuta atraínte e motivador para todos. 

Disfrutade das imaxes aquí.