Iniciar sesión: Acceso

SEGUIMOS FEDELLANDO.

Hoxe queremos compartir con vós os nosos avances cos escornabots. Nas últimas semanas deste segundo trimestre os nenos e nenas de primeiro e segundo estivemos traballando con eles e disfrutamos moito á vez que aprendimos.

Por un lado, na materia de ciencias naturais deseñamos un xogo para afianzar o que aprendimos acerca dos animais. Para elo deseñamos un taboleiro moi visual que tiñamos que destapar coa axuda dos escornabot para despois clasificalos e lembrar todo o aprendido.

Tamén aproveitamos o almorzo saudable que fixemos con todo o cole para traballar os nosos hábitos alimeticios e poder melloralos. Desta vez incluso nós participamos no desenvolvemento do taboleiro sendo nós os que deseñamos e debuxamos cada casilla do taboleiro.

Nos documentos adxuntos tedes  resumo das actividades así como os elementos curriculares traballados e podedes disfrutar das imaxes premendo aquí.    

Seguimos!

AdxuntoTamaño
Xogo os animais 1º.pdf872 KB
xogo os animais 2º.pdf556.48 KB
Almorzo saudable_ escornabot_.pdf95.58 KB