Iniciar sesión: Acceso

SEGUNDA XORNADA DE FORMACIÓN DE RADIO NA BIBLIO CON LUIS DE REDE ESPORA.

O xoves, 4 de abril visitounos Luis Losada de Rede Espora para disfrutar da segunda xornada de formación de radio na biblio.

Como viñamos de vivir un sábado cargado de emoción e poesía, o sábado 30 de marzo, na presentación do libro de Olga Novo “Feliz Idade”, as profes decidiron que faríamos de reporteiros para contar dende a invitación de Olga a este evento  todo o proceso de preparación para acompañala na casa da Cultura do concello ese día  recitando poemas como ela nos pediu.

Organizamos a xornada de traballo; fixemos dous equipos e distribuimos as tarefas. Tiñamos unha grata sorpresa para traballar, pois tivemos nas nosas mans o texto das palabras preliminares que Olga escribiu para a presentación do acto  e que nos enviou xentilmente ao centro para que puidésemos traballar con él e por suposto lérvolo. Luis  preguntaba, as profes axudábanlle e nós pouco a pouco iamos descubrindo e vertendo reflexións das que nós mesmos nos asombrabamos…

Despois de lermos e analizarmos o texto de Olga, tamén lemos  os poemas que creamos para recitar na presentación de “Feliz Idade” e repasamos o acto do sábado revivindo momentos emotivos, para contarlle a Luis como se desenvolveu este acto donde Olga tivo palabras de agradecemento para todos e foi quen de manternos embargados pola emoción coas súas palabras, durante todo o acto.

Despois levamos o noso traballo á radio e fomos quen de gravar dous programas. Cada día gústanos máis, cada día somos máis autónomos.

Foi unha xornada intensa pois mezclamos nesta reportaxe a redacción, a creación, a análise,  o resumo, a valoración persoal ...

Podedes disfrutar das imaxes desta mañá de traballo premendo aquí.