Iniciar sesión: Acceso

COMPARTIMOS COÑECEMENTOS.

Hoxe, na clase de ciencias naturais cambiáronse os papeis e os nenos e nenas de segundo e sexto de primaria convertéronse en mestres. 

Os máis maiores tiñan que estudar os reinos da natureza e aos compañeiros de segundo tocáballes profundizar nos animais, así que decidimos que o mellor era compartir o noso saber. Aínda que antes tivemos un importante traballo detrás.

Cada un dos nenxs de sexto tivo que facer unha investigación acerca dun dos reinos utilizando fontes de información bibliográficas así como páxinas web. Seleccionaron o máis interesante, buscaron as mellores imaxes para ilustrar os seus traballos, recolleron e ordearon a información e prepararon os seus traballos. Logo, resumiron a información para presentalo aos demais compañeiros. Un traballo moi laborioso pero do que sacaron moitos coñecementos.

As presentación comezou con Roi que contou todo o que sabía sobre os fungos: que son, que clases existen, cales son comestibles e cales non e como podemos distinguilos cando saímos polo monte. O reino das algas chegou da man de Brais que fixo una gran investigación e descubriu que algunas poden chegar a mediar máis de 50 metros. Logo chegou o turno de Eli que nos explicou o que son as bacterias. A súa presentación foi moi didáctica, incluso tiña una regra que marcaba un milímetro para que nos désemos conta do pequeñas que son, e traballou nun apartado moi interesante sobre se as bacterias son boas ou malas. E por último expuxo o seu traballo Xulia que nos agasallou cun libro creado por ela mesma no que se recollía moitísima información acerca dos animais. Como se clasifican, que comen, cantas especies animais se coñecen, cal é o seu orixe…. Un montón de información con imaxes moi fermosas. O último reino, o das plantas, foi investigado por Aday que hoxe non puido asistir ao colexio pero que, igualmente, fixo un traballo xenial acerca das partes as plantas, a súa alimentación e incluso buscou especies moi raras para ensinarnos.

Despois chegou o turno dos nenos e nenas de segundo. Cada un deles xunto con Dori, fixeron una ficha resumo dun animal na que nos contaban que tipo de animal era, a súa alimentación, a forma de reproducción… e moitas curiosidades maís. Incluso nos mostraron imaxes dos seus animais. Emma contounos moitas cousas acerca dos pingüíns, xa é toda una experta, e Nuno investigou acera do gato. Zeltia traballou cos cervos, César contounos moitas cousas do oso, e Antón decidiu estudar unha ave, o corvo. A todos os que disfrutamos da exposición dos máis pequenos sorprendeunos o moito que traballaron e o ben que manexan a linguaxe científica mentres contestaban ás nosas preguntas.

Aquí podedes ver as imaxes das presentación e dos traballos.

A actividade foi un roundo éxito, tanto que os nenos de infantil tamén participaron e se uniron á presentación. Seguimos traballando!