Iniciar sesión: Acceso

Liga de Brilé.

A pasada semana xogamos unha liga de brilé nos tempos de lecer do martes e o xoves. Despois de introducir este xogo nas clases de Educación Física, sobre todo nos primeiros cursos de primaria, os nenos e nenas dividíronse en equipos e puxéronse a xogar. 

Houbo dúas liguillas

  • 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
  • 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. 

Os equipos fixéronos os propios nenos e nenas coa condición de que fosen mixtos e co alumnado de diferentes cursos mesturados. Fomentamos así a responsabilidade e que sexan xustos á hora de distribuir aos seus compañeitrxs para que sexan equipos igualados. 

Como podedes ver nestas imaxes, pasámolo moi ben con este xogo e, unha vez finalizada a liga moitos dos nenos e nenas continuaron disfrutando. 

A seguir xogando!