Iniciar sesión: Acceso

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

8 de Marzo. Excursión a Vilachá

Nestas últimas semanas, estivemos a traballar con contos e lecturas que nos levan  á reflexión, a sensibilización, a implicación no compromiso de traballar pola igualdade  entre os homes e as mulleres.

Traballamos con Rosalia, á que lle adicamos un programa de radio. Coñecemos pioneiras galegas que abriron camiño….No recuncho de lecturas están os contos con esta temática e  materiais de consulta.

Paralelamente temos que dar resposta aos nosos compañeiros ecompañeiras de Sober, acerca da nosa Ribeira Sacra, e pensamos que o mellor sería outra visita para recabar mais información.

O Venres, día 8 visitamos Vilachá. Acompañounos Xosé Gago, arqueólogo do Equipo de Xurxo Ayán e traballador do concello, encargado da súa dinamización turística e cultural. Xosé foi o guía desta visita e unha fonte de información extraordinaria que nos empapou de coñecementos e historia acerca deste pobo  no que conflúen varios atractivos para visitar: a súa historia, a situación xeográfica na que atopamos a nosa Ribeira Sacra, condicións estupendas para o cultivo do viño, o mirador da Capela...

Tamén visitamos a Puri, unha adegueira que nos acompañou na visita de Outubro na época da vendima e que nos seguiu a contar tamén máis información sobre o cultivo e os coidados do viño na zona  de Vilachá.

Puri merece o noso recoñecemento no día de hoxe, porque representa a esas mulleres coas ideas claras, que saben loitar polo despertar do seu pobo….orgullosa do seu traballo, inda que para moitos resulte extraño e pouco adecuado este traballo de adegueira para unha muller.

Contounos que axudou aos seus país dende nena, co asombro e ata críticas dalgúns veciños que non vían normal que unha nena axudase a ese tipo de tarefas….pero grazas a ela Vilachá está a despertar pouco a pouco….porque é unha muller emprendedora, que sabe ver con claridade  o potencial do seu pobo, e como conservar a súa historia e cultura.

Comezou cun bar nunha das adegas que abría os fins de semana. Despois montou unha S.A.T. (Sociedade Agraria de Transformación) con cinco persoas máis. Era a única muller do grupo e tamén a xefa. Toda a uva de Vilachá que se vendía faciase dende unha mesma marca.   Cóntanos que foi unha experiencia marabillosa, pero esta adega quedouse pequena, e os compañeiros decidiron non dar un paso máis. Así que Puri, deu ese paso e montou ela soa a súa adega que segue a manter  e comerciar o viño da súa colleita co nome de Val do Frade.

Asi que Xosé e  Puri, Grazas por ser unhas fontes de información tan valiosas e entrañables,  por ser  exemplos de loita, de emprendemento,  demostrándonos ademáis,  que os proxectos con traballo eficaz dos homes e das mulleres dan o seu  froito.

 Grazas a persoas coma vós que cren nos seus pobos e saben aproveitar e valorar os recursos cos que conta, ponse en valor unha zona deste concello…que  camiñaba cara o abandono.

Foi unha mañá extraorinaria da que seguiremos dando conta no programa de radio para falarlles da nosa Ribeira Sacra aos nosos compañeiros de Sober e contestar así ás súas preguntas.

 

11 de Marzo. Celebramos o día da Muller.

Sesión de contacontos con Caxoto, contos da igualdade.

Dende a área de servizos sociais do concello  propúxosenos participar nunha actividade   de Contos da igualdade. Así que acudimos a Casa da Cultura Olga Novo, donde nos agardaba Mónica e o Concellal de servizos sociais.

Asistimos o alumnado e profesorado de todo o centro a unha sesión de  contacontos, a cargo de Caxoto,que nos mantivo en expectativa toda a sesión

Contounos o conto de  Laura, unha nena que vive cos seus país e o seu irmán e que soña con ser pirata. Non se atreve a contalo pois sabe que se rirán dela….ata que un día durante unha comida lle pregunta súa nai que quere ser de maior…

Chegou o momento de desvelar o seu desexo e tamén do asombro da súa familia…pero a súa nai que é xefa de policía, unha profesión tamén pouco habitual nas mulleres ata hai pouco será máis comprensiva e encargarase de que Laura demostre que pode ser unha gran pirata…

Unha historia tenra, cargada de humanidade, que nos soubo trasladar moi ben este extraordinario contacontos….

 

Entrega dos contos, do  CIM de Monforte: unha muller da zona para o 8 de marzo.

O alumnado de 5º e 6º asistimos ás doce da mañá ao visonado e entrega do conto que organizou o CIM de Monforte sobre Genoveba González, de Bóveda  unha muller para o 8 de marzo sobre a que se viñera traballando o curso pasado en colaboración co colectivo Lemos Lé.

            

No seguinte enlace tedes o video que nos conta a vida desta pioneira muller e no que se ve o traballo que fixeron todos os nenos e nenas da contorna: 

                            Video Genoveva González Prieto

 

Tamén coñecemos a muller sobre a que traballaremos este curso, que será unha abadesa de Pantón do convento de Eiré, A abadesa Inés Fernández, que dará lugar ao VI Certame de Mulleres de Lemos.

 

NOTA: Premendo no título de cada actrividade podedes ver as fotos de cada unha delas. Disfrutádeas!