Iniciar sesión: Acceso

DÍA DE ROSALÍA.

O 24 de febreiro  celebramos o cumple dunha gran muller, que a pesar dos anos pasados, as súas reflexións, compromisos, reivindicacións seguen a estar presentes  na actualidade para calquer persoa, pero en especial, para as mulleres galegas.

Rosalía de Castro é un referente de compromiso  e de loita polo progreso de Galicia, pola valoración da nosa lingua, polo valor da muller galega que quedou moitas veces soa con nenos ao seu cargo e que seguiu traballando, para manter Galicia en pé, mentras os seus homes emigraran en busca dun traballo que mellorase as súa calidade de vida.

Como cada ano seleccionamos poemas da escritora que acheguen aos nosos nenos e nenas á súa obra, que poidan entender a súa poesía, valorala e sobre todo tomala como un exemplo na importancia de construír pensamento crítico, emprendedor para ser capaces de construír sociedade sustentable.

Celebramos este día xunto coa biblioteca municipal do concello que organizou unha pequena conferencia para os nenos e nenas a cargo da escritora monfortina Mónica Sánchez. Asi que acudimos dando un paseo dende o centro a casa da cultura Olga Novo, donde nos agardaban Mónica e os responsables do concello.

A intervención de Mónica estivo acompañada pola recitación de poemas do noso alumnado que ían intercalando as poesías  segundo os temas que trataba Mónica acerca da vida e obra de  Rosalía.

Así falando da situación de penuria de Galicia e na búsqueda de traballo dos galegos:

Brais,  Senén  e Xulia  recitaron: “Castellanos de Castilla.”

Cando tocou o tema da emgración

Marcos e Aelfie recitaron: Pra Habana!!

E  Roi: Este vaise…

Cando falou da Muller Amanda e Eli recitaron “Tecín soia a miña tela”

Cando Falou da necesidade de revalorizar Galicia que era pouco menos que un recuncho menosprezado

Fabian e Aday recitaron “A gaita galega”

Cando falou da lingua galega os nenos e nenas de 1º e 2º recitaron “Has de cantar”.

Así pasamos unha hora, escoitando a Mónica e as poesías que leron os nenos e nenas. Voltamos para o colexio para o xantar, sabendo un chisco máis de Rosalía,  da importancia de expresar os nosos sentimentos con respeto e liberdade e co propósito de grabar estes poemas, así como as nosas reflexións sobre a vida e obra de Rosalia en radio Guímaro.

Podedes disfrutar das imaxes premendo no seguinte enlace: 

                              Día de Rosalía 

O xoves, 28  de marzo, toca reunión co centro de día; así que neste club de lectura, tocará Rosalia. Compartiremos con eles estes poemas  e falaremos da lingua galega, de cómo se usaba cando eles eran pequenos,  da emigración que seguramente lles tocou vivir a algúns.