Iniciar sesión: Acceso

XOVES DE COMPADRES

O martes, día 19 de febreiro iniciamos o entroido no centro coa celebración de dous obradoiros para realizar os compadres e as comadres no colexio como vén sendo tradición.

Tentamos acercar aos nenos e nenas a estas actividades moi celebradas  nesta zona, e por iso procuramos revivir na medida do posible a celebración atendendo á maneira tradicional de cómo o celebraban os nosos avós e avoas.

 Establécense dous bandos moi diferenciados  nun atópanse os nenos a partires de 3º e os Mestres que realizan as comadres nas que caracterizan ás mestras. No outro as nenas a partires de 3º tamén e as mestras que realizan os compadres, no que tamén caracterizan aos Mestres  baixo un tema ou parodia.

Os dous grupos han de gardar moi ben o segredo sen contar nada do tema que elixiron para caracterialos nin donde están gardados  ata que saen o xoves os compadres e ao xoves seginte as comadres.

Toca vivir bromas, un pouco de astucia, tentando saber uns dos outros….para ;  roubarllos ao equipo contrario. Así é como se facia tradicionalmente.

O pasado xoves saíron os compadres. Como están en reformas no cole, e temos uns profes moi habilidosos este ano a historia titulábase: “ Mans á obra”. Alí estaban o xefe de obra, o carpinteiro,  o albañil e o pintor caracterizados nos catro Mestres.

Alí estiveron expostos todo o día. Na última sesión da tarde, reunímonos todos na entrada do cole.  Os profes acompañados dos nenos de 6º leron a súa historia. Despois as nenas sacaron o compadre ao patio e os nenos tentaron sacarllo seguindo tamén a tradición.

O boneco durou cinco minutos enteiro; deseguida a disputa e o tira por un lado e outro fixo que quedara en anacos que logo tamén seguindo a tradición queimamos.

Podedes ver as imaxes da celebración premendo aquí. 

Foi un xoves estupendo, no que simulamos un enfrentamento entre homes e mulleres, seguindo a tradición e que nos serve tamén para coñecer parte do noso pasado, como se divertian e para  valorar  o progreso  así como o camiño percorrido no avance da sociedade.