Iniciar sesión: Acceso

MOCHILAS VIAXEIRAS

MOCHILAS VIAXIRAS.

Un curso máis polo segundo trimestre puxemos en marcha as mochilas viaxeiras. Esta é unha actividade moi ben acollida polo alumnado e familias, que colaboran de moi bo grado.

O alumnado de infantil leva un conto cada fin de semana...e a través das portadas dos contos fotocopiadas que colorean van creando a súa axenda de lectura.

O  resto do alumnado de primaria, a través da hora de plan lector, levan contos semanais ou quincenalmente para ler a través do servizo de préstamo.

Creamos no 2º trimestre 5 mochilas viaxeiras que conteñen material diverso: poesía, contos en galego, castelán, material de consulta e audiovisual: enciclopedia con actividades inteeractivas, para facer en familia...

As mochilas levan a relación de material e un caderno viaxeiro que contén un texto de animación a ler, a relación de material e as páxinas donde se rexistran o nome do alumno coa data de entrega e devolución. O caderno viaxeiro é unha libreta de PLAMBE, moi adecuada polas páxinas en branco. Nela poden escribir, debuxar ou crear colaxes o alumnado e  as familias.

Cada mochila está coas familias 3 semanas.

Texto que abre o caderno viaxeiro

Estas son as nosas mochilas viaxeiras:

Mochila de 1º e 2º

 

Mochila de 3º

 

 Mochila de 4º

 

Mochila de 5º

 

Mochila de 6º