Iniciar sesión: Acceso

XORNADA DE FORMACIÓN CON LUIS LOSADA DE REDE ESPORA.

 

O martes, 14 de febreiro veu Luis Losada de Rede Espora ao centro. Pasamos a mañá  na biblioteca  escoitando a Luis e traballando para mellorar a elaboración de programas de radio.

A data, 14 de febreiro invitaba a reflexionar sobre un sentimento vital, que nos fai sentir tan ben como o querer… Así que entre Dori, Paula e Luis seleccionaron varios poemas, de distintos autores, para recitar, relacionados co amor.

Formamos tres  equipos, cos poemas repartidos, para elaborar o guión dos  nosos programas de radio, así que distribuimos as tarefas e coa súa axuda puxémonos a traballar: investigamos sobre os autores dos que tiñamos poemas;  Antonio García Teijeiro, Curros Enríquez, Manuel María… Elaboramos as escaletas: presentación, recitación, despedida.

Lemos as  poesías e comentámolas cos profesores, para  facelas nosas,  coñecer  moi ben do que iamos a falar  e  recitalas co tono axeitado.

Despois chegou a parte técnica e que nos parece sempre un momento máxico: grabar o programa. Esta vez con novidades, pois non iamos ter as profes, como de costume, no ordenador; así que un tanto nerviosos, pero sentíndonos moi importantes e capaces dispuxémonos a seguir as instruccións de Luis.

Ensinounos páxinas dende donde podíamos baixar música, sonidos…. E como  incorporalos… Que emoción!

Así, formando un equipo organizado, con responsabilidades repartidas, repetando silenzos e todos a tentos aos turnos….fomos quen de grabar os nosos programas.

             FOTOS DA FORMACIÓN CON RADIO ESPORA.

Programa 1

Programa 2

Programa 3

Moitas grazas Luis, pola tua paciencia e información que foi moita…e moitas grazas Bibliotecas Escolares porque grazas a vós contamos cunha radio no cole, unha ferramenta que nos  encanta, emociona…que nos permite abordar o traballo do cole de múltiples maneiras: investigando, preguntando, organizando a información e preparándoa para sermos quen de contarllas aos demáis a través do máis emocionante: grabar un programa de radio.