Iniciar sesión: Acceso

EXCURSIÓN Á LUGO

 

O martes, 12 de febreiro fomos de excursión a Lugo. Saimos do cole ás 9:30, Así que cando soou o timbre para entrar ás clases dirixímonos ao autobús coas pilas ben cargadiñas  para aproveitar  o día.

 

Chegamos a Lugo, ao Gadis do CEAO. Pois participamos na campaña "Alimentes", promovida por esta entidade. Alí dividímonos en dous grupos; infantil e primeiro e segundo por un lado e 3º,4º,5º e 6º polo outro.  Acompañounos unha monitora polas  distintas seccións  dos alimentos a medida que nos ía explicando os distintos grupos seguindo a pirámide, as súas características, os beneficios na nosa saúde e a frecuencia recomendada de consumo.

 

Coñecemos verduras e froitas novas que non acostuman a cultivarse na nosa zona, os tipos de pescado, de carne… e tamén visitamos a zona das chuches!!!  Unha boa mágoa, o que máis nos gusta é do que menos se debe comer….pero en fín! Aprender sempre está ben.

Tedes todas as imaxes da nosa visita polo Gadis premendo aquí.

 

Despois tomamos un pequeno  tente en pé, que ademáis nos deron alí: unha bolsa que contiña unha botella de auga, un plátano e un kit de leite.

 

Ás 12:30 visitamos o centro de interpretación do Rio Rato. Alí coñecemos un resto etnográfico de Lugo, pois as instalacións están nun muiño restaurado.

 

Coñecemos a flora e a fauna da reserva da Biosfera, é dicir, da ribeira do Miño. Foi estupendo, coñecer os animáis, as súas curiosidades, así como as pistas que nos dan moitas veces a presenza dalgúns animáis nas augas para coñecer a súa calidade e o grao de limpeza.

 

Escoitamos unha canción e vimos unha pequena reportaxe, onde unha vez máis  nos demos conta do moito que podemos facer para manter a nosa contorna limpa e en bo estado.

 

Saimos ás 14:00, cargados de información e material que nos deron: un caderno de actividades, marcapáxinas con motivos da reserva, e unha baralla de animáis.

Aquí podedes ver o atentos que estivemos ás explicacións dos monitores.

 

 Dirixímonos a Outeiro de Rei, donde iamos  comer e disfrutar da seguinte visita: o parque das formigas de San Clodio.

 

Despois de comer un bo bocata,  froita e descansar un anaquiño, apareceu J. Ramón, o constructor deste parque e dono da explotación gandeira .

 

Comezamos unha visita pola natureza, e viaxamos a un pobo donde os habitantes son formigas. Todo o que  alí hai está elaborado con material de refugallo, e dicir, reciclado creado a partir dunha historia.

 

No lugar donde comemos as luces do teito forman o noso sistema solar. A sala contigua, para celebracións  tamén está decorada  deste xeito, as columnas son árbores . Todo está elaborado con material de refugallo.

 

O porche conta cun forno, un espazo para facer o churrasco, bancos……. Comezamos a visita,  acompañados de J. Ramón,  pola  explotación , unha fermosa paraxe natural:  poboada de prados e árbores: carballos centenarios, chamounos a atención un que foi capaz de partir unha rocha para saír á natureza, e outro que non foron capaces de abrazar os 9 nenos e nenas de Educación infantil.

 

 O recurso económico ademáis deste poboado de figuras recicladas é a agricultura ecolóxica. Coñecemos a súa explotación gandeira, con vacas dunha raza especial, todas teñen a cabeza branca e o corpo a manchas pardo claro e blanco…proveñen de Irlanda.

 

Visitamos o curral, o horto ecolóxico que nestes intres, dada a época do ano aínda non está plantado….e percorremos o parque seguindo as historias distintas destes personaxes, as formigas: A situación dun control da garda civil de tráfico multando, o cobrador do frac, os pescadores, a nave espacial preparada para despegar…e un pequeno parque donde se atopaban algúns animáis: unha araña, un polbo, cogumelos….e un helicóptero que irrumpe para traernos a chave dun tesouro que nos permitiu visitar un túnel…..

 

Visitamos tamén un recinto que contiña unha cabaña elaborada con material de refugallo e unha pequena charca diante. Un lugar ideal para soñar e crear historias…

Mirade aquí ás nosas novas amigas e todos os sitios que descubrimos!

 

En fin, fixemos un paseo de dúas horas pola natureza, visitando estas historias espalladas…que nos encantaron, e nos fixeron sentir unha vez máis a importancia de reciclar para manter limpo  o noso fogar;  pero ademáis, tamén  nos invitou á deixar viaxar a nosa imaxinación a creatividade e  unha clara mensaxe: antes de tirar, reflexionar, seguro que xa non serve para nada?

 

Despois merendamos e voltamos para a casa. Chegamos ao cole, cargados de información e bos propósitos,  ás sete, onde nos agardaban as nosas familias.