Iniciar sesión: Acceso

ESCORNABOTS EN PAZ

Con motivo do Día escolar da Non Violencia e a Paz no CEIP Pobra do Brollón deseñamos unha serie de actividades entre as que se atopaban xogos cos escornabots. Desenvolvimos dous xogos diferentes adaptados ás diferentes idades do alumnado e que a continuación vos explicamos. 

 

Xogo "Podo- Non podo":

Os nenos e nenas de infantil e primeiro e segundo curso de primaria traballaron as normas de conducta a través do libro "Cachorros & cachorros" de Isabella Paglia e Anna Laura Cantone. En base a el, creamos unha serie de tarxetas para colocar nos taboleiros do escorna nas cales se lles preguntaba aos pequechos o que podemos e non podemos facer, por moi cativos que sexamos. 

Nos documentos adxuntos tedes a información do xogo e os materiais necesarios para o eu desenvolvemento. 

Xogo da Paz:

Co alumnado máis maior do cole fomos un pouquiño máis aló e decidimos traballar as normas de convivencia que debemos ter en conta dentro da escola. Seguindo o sistema de tarxetas, os rapaces e rapazas tiñan que enfrentarse a situacións diversas e decidir que facer ante elas. As respostas que resultaron deste xogo foron moi reflexivas e convincentes. 

Aquí tedes os materiais deste xogo.

Se premedes aquí, podedes ver as imaxes do noso día de xogos cos escornabot. Sen dúbida, estes pequenos robots estanse a converter en un estupendo recurso para traballar e reforzar as nosas aprendizaxes. Esperamos que vos gusten!