Iniciar sesión: Acceso

FESTIVAL DE NADAL

O mes de decembro  foi moi tintenso…chega o final do trimestre: os últimos exames, concursos, o festival… estamos desbordados de traballo pero tamén é verdade que é cando se mostra o traballo colaborativo de todos, a implicación dun gran equipo para que todo saia ben e os resultados sexan os mellores.

Un día que agardamos con moita ilusión, é o festival de Nadal. Sentimos a responsabilidade de organizar unha mañá na que somos os protagonistas indiscutibles ante as nosas familias, amigos e os profesores que traballaron con nós para que ese día aflore o mellor de cada un e sexa especial para tod@s.

Celebramos o festival o 21 de decembro ás once da mañá. O comedor que fai de salón de actos vístese de nadal para acoller as familias e amigos que nos acompañaron e viñeron a disfrutar con nós das nosas actuacións. Contamos como cada ano cuns invitados moi especiais para nós cos que compartimos moito ao longo do curso, os usuarios e profesionais do centro de día.

Presentamos o festival  os nenos e nenas de 5º e 6º: Xulia, Roi, Adai e Eli e como todos os anos implicáronse todos os mestres e mestras e participamos todos os nenos e nenas do colexio.

Comezou o festival coas acrobacias de acrosport do alumnado de 3º,4º, 5º e 6º. Así bautizamos a profe de Educación física, Paula, que chegou este curso ao cole con  moita forza, enerxia e ilusión… que contaxia a raudales. Aquí tedes algunhas das imaxes da actuación. 

Despois actuaron os máis grandes do cole: os nenos e nenas de infantil, que dirixidos polo seu profe Óscar puxeron en escea a obra de teatro: “Secuestraron a Papá Noel”. Son os seus primeiros debuts en público que irán madurando nos futuros festivais dos cursos que están por vir. Pero tamén e verdade que están en moi boas máns estando con Óscar que é o profe de infantil, e polo tanto o que comeza a quentar os motores para a andaina escolar.

Os nenos e nenas de primeiro e segundo xa demostraron as súas tablas e representaron, dirixidos polos seus profes, Paco e Dori, a obra de teatro: “O boneco de Neve”. Remantaron a actuación bailando e cantando unha panxoliña de Iván Vale “Chegou o Nadal”.

Os nenos e nenas de 3º e 4º non se andan con rodeos e implicáronse a fondo convertíndose en escritores e actores cheos de humor e audacia. Dirixidos polo seu titor Pablo escribiron unha obra de teatro chea de humor e gracia….que representaron xenialmente. A obra titúlase “A banca sempre gaña”. 

A continuación Óscar e Dori entregaron as dúas cestas de nadal que se sortearon para recaudar fondos para a excursión dos nenos e nenas de 5º e 6º de fin de curso. O sorteo realizouse o día anterior no comedor do colexio. Sacaron os números os máis pequenos do cole: Marina e Dani. As rifas premiadas foron os números 906 para a cesta número 1 que lle tocou á familia de Marcos e o número 155 para a cesta número 2 que lle tocou á familia de Alejandra. Preme aquí para ver as imaxes da entrega. 

Seguindo co festival chegou de novo o turno de 5º e 6º que, dirixidos por Paula e Dori, nos sumerciron de cheo do nadal. Representaron a obra de teatro: “Tempo de Nadal” e cantaron e bailaron a panxoliña de Xabarín “Volver á casa por Nadal”.

Demos as grazas a todos os que colaboraron con nós dalgún xeito na realización do noso festival: aos profes, ao concello que sempre nos presta a megafonía,  aos asistentes e á consellería por  aportar unha nova dotación de 15.000€ para seguir coa reforma do centro. Pouco a pouco o noso colexio estase transformando dun colexio deteriorado  e anticuado a un colexio  acolledor e funcional.

Coñecemos aos gañadores do XXVIII Certame de contos de Nadal, aos que lle demos un caluroso aplauso. Recibiron o seu agasallo da man de Dori e Pamela:

En  segundo empataron: Emma e Antón

En terceiro empataron: Lola e Alejandra

En cuarto: José Ramón

En quinto: Fabian

En sexto: Adai e Roi.

Podedes ver aos galardonados premendo aquí.

Rematamos o festival cunha panxoliña, dirixida polo profe de música, Pablo que cantamos todos os nenos e nenas do cole. Así que todos ao escenario!

Titúlase: “A noitiña de Nadale” e con ela aproveitamos no cole para felicitar o Nadal.

Agardábanos unha sorpresa que foron entregando os profes titores ao baixar do escenario: Un  calendario de mesa do ano 2019 coa foto de cada grupo…así que a seguir camiñando, aprendendo e disfrutando nos días vindeiros.

Aquí tedes outras imaxes deste fermoso día. 

Despedimos o festival co desexo de Nadal do CEIP da Pobra do Brollón:

Que o Nadal chegue a todos os fogares,

Que sexamos solidarios….e coa invitación a mercar un calendario da Asociación Estiño no que colaboramos na súa elaboración. O debuxo seleccionado do noso cole foi o de Adai. A recaudación é para axuda a Nicaragua.

Que no 2019 teñamos motivos para sorrir.

Que medre o compromiso de traballar para que a Paz, a Xustiza, a Igualdade e o Benestar sexan realidade.

BO NADAL E PRÓSPERO E XUSTO 2019