Iniciar sesión: Acceso

SEMANA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

A semana  pasada reflexionamos sobre esta lacra que que xera a humanidade:  a violencia e, en especial, sobre a violencia de xénero.  Enmarcados no 25N aproveitamos para reflexionar e profundizar neste problema que está a sufrir a sociedade no mundo.

Dende a biblioteca organizamos varias actividades encamiñadas  á concienzarnos da importancia de erradicar a violencia de xénero ou calquer tipo de violencia porque ningún acto xustifica a violencia; pola contra, os actos violentos sempre fan dano.

Abordamos este tema dende  varios ámbitos:

1. Na biblioteca creamos o recuncho dos contos que abordan esta temática para os distintos niveis. Alí están contos como “O Neno can”, “Nera a Ferreira”, “Nin un biquiño á forza”, “Artur e Clementina”, “Negros e brancos”…

2. Dende o club de lectura de 5º e 6º leron “A lagoa das nenas mudas”. A historia de Amina, unha nena nixeriana que chega a Galicia e comeza o colexio nunha clase de 5º.  Deu pé a unha sesión de reflexión e coloquio na hora do plan lector  acerca dos distintos tipos de violencia que aparecen  nesta historia. Logo elaboraron a súa reflexión e valorción persoal para lévalo á radio, o que aínda non foi posible por ter problemas co ordenador.

3. 3º e 4º leron Xela volveuse vampira. A historia dunha mestra moi alegre e implicada na súa profesión pero o maltrato cambiaráa por completo.

Se premedes AQUÍ  podedes ver todas as imaxes desta actividade.

 

4.  Seleccionamos música con esta temática e durante esa semana tivemos unha hora de ler moi especial. Cada día escoitamos unha canción  que aborda o tema da violencia de xénero na biblioteca sobre a que logo reflexionamos todos xuntos. Na aula virtual cubrirán unha pequeña enquisa, así como votarán a que máis lles gustou. Aproveitaremos para traballar coas gráficas.

O luns escoitamos Malo de Bebe. O mércores “lo que Ana vé” de Revólver. O venres escoitamos  “La puerta violeta” de Rozalén.

Podedes disfrutar das imaxes aquí.

5. Os biblioaxudantes elexiron  cada un un conto do recuncho das lecturas que prepararon durante a semana  para contarllo aos máis pequenos e reflexionar con eles sobre este tema. Esta actividade realizouse o xoves na hora de ler.

 Eli contoulles  “Cando mefixen así de pequeno” aos nenos e nenas de tres anos.

 Xulia contoulles “O secreto de Lara” aos nenos e nenas de catro anos.

Senén contoulle “Orellas de bolboreta” aos nenos e nenas de cinco anos.

Roi  contoulles “A casa grande” ás nenas de primeiro.

Adai contoulles “O segredo de Flora” aos nenos e nenas de 2º.

Fabian contoulles “A manchas ou a raias” aos nenos e nenas de terceiro.

Amanda contoulles “ Rosa Caramelo” aos nenos  de cuarto.

Mirade as fotos premendo aquí. 

6. Despois elaboramos as nosas reflexións para crear un mural no que participa todo o alumnado do centro. Podesdes disfrutar do noso mural aquí. 

Todos rexeitamos a violencia. Unha vez máis reafirmámonos en que os enfandos, os conlictos non se resolven con violencia. Non hai nada que a xustifique porque non arregla nada, pola contra fai moito dano.

As persoas temos dereito a vivir en liberdade, sen medo, pedindo axuda cando temos problemas. Se sabemos axudar, escoitar,  compartir e sobre todo respetar… Recibiremos moito máis  dos que temos a nosa carón. Indudablemente sentirémonos  moito mellor, faremos e seremos máis felices.