Iniciar sesión: Acceso

XOGO DE PILLABÁNS: CONCERTO DIDÁCTICO.

Este martes, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria saímos de excursión á Monforte. O motivo da viaxe foi a invitación a un concerto didáctico no que tamén estaban outros moitos centros da zona. 

A obra que se representaba era "Xogo de pillabáns" unha peza de teatro musical que está baseada na Novela Ejempar  de Miguel de Cervantes Saavedra. Os actores e músicos contáronnos a historia de dous mozos pillabáns, Rinconete e Cortadillo, que se coñecen e fan unha longa viaxe ata Sevilla para buscar unha mellor vida, pero teñen que decidir cal é o camiño axeitado para conseguir riqueza.

A música foi interpretada polos propios autores que nos mostraron diferentes instrumentos de vento: frauta, óboe, clarinete, trompa e fagot. 

Como imaxinaredes, disfrutamos moito da obra e aprendemos un montón de cousas. 

Á saída, esperábannos os intérpretes para que puideramos falar con eles e incluso sacar fotos. Podedes velas premendo aquí.