Iniciar sesión: Acceso

Xogando co escornabot: "Afundir a flota".

Continuamos traballando cos escornabots dentro do proxecto "Biblioteca Creativa"!. 

Esta semana os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria atrevéronse co deseño e creación dun taboleiro para xogar cos nosos pequenos robots. Aproveitando que nos tocaba estudar os eixos de coordenadas cartesianas en Matemáticas, crearon unha nova versión do tradicional "Afundir a flota" que fixo o estudo moito máis ameno e divertido. 

Pero non só creamos os taboleiros, tamén adornamos os escornas para convertelos en barcos piratas, redactamos as regras do xogo entre todos e xogamos un bo anaco aprendendo dunha maneira lúdica. E o mellor de todo... pasámolo xenial. 

Para ver a actividade completa, así como as imaxes e vídeos, premede no seguinte enlace. 

                         Xogo: "Afundir a flota"

Seguiremos xogando!