Iniciar sesión: Acceso

INVENTOS E CIRURXÍA: O NOSO CORAZÓN.

Xa o tiñamos bastante claro, pero agora aínda máis. Os nosos nenos e nenas de sexto son todos uns fedelleiros, capaces de crear verdadeiras obras de arte!

Esta semana, aproveitando que na área de Ciencias Naturais tivemos que estudar o sistema circulatorio e o funcionamento do noso corazón, sacamos do armario de material unha maqueta deste complexo órgano e puxémonos mans a obra. 

O primeiro que fixemos foi abrir a caixa e ver os compoñentes. Entre todos leron as instrucións e fixéronse con aqueles materiais que precisaban pero que non se incluía na maqueta (aceite,  vasos de plástico...) ademais de outras cousas que eles creron convintes traer porque podían ser necesarios coma periódicos e panos ( e non sabedes o ben que nos veiñeron).

Con todo preparado, o equipo de inventores púxose mans a obra e seguiron os pasos que marcaban as instrucións. Primeiro, houbo que medir e cortar os tubos que farían de vasos sanguíneos, para despois introducilos respectando o sentido da circulación do sangue a través do noso corazón. Toda unha obra de inxenería! Chegou o momento de encher o noso corazón de sangue (auga con colorante) para logo cerrar o circuíto e poder disfrutar e comprender a nosa maqueta. 

No seguinte enlace, tedes as imaxes de como foi a construción: 

Construíndo a nosa maqueta do corazón. 

 

Pero non pensedes que todo foi fácil neste traballo. Tamén tivemos varios tropezos que os nenxs tiveron que resolver e que xuntxs conseguiron sacar diante. O primeiro foi que ao usar aceite para introducir os tubos nas válvulas se engrasou todo, polo que esvaraba todo. Ademais, cando comezamos a introducir o sangue no sistema aumentou moito a presión do circuíto e reventaron algunhas xuntas. Menuda montamos! Había "sangue" por todos lados. Esto permitiunos pensar e reflexionar acerca das enfermidades vasculares e por un ratiño, os rapaces convertéronse en cirurxiás e repararon a desfeita. Despois só nos quedou limpar (que tamén foi unha tarefa ben dura). E senon, mirádeo vos memos! Preme aquí. 

Pero case mellor que todo esto volo conten eles memos. No seguinte vídeo podedes ver a explicación da montaxe e do funcionamento do corazón, así como as dificultades que xurdiron no proceso. Como veredes, fixérono sen un guión marcado, falando eles mesmos da súa propia experiencia. Podedes disfrutar do vídeo premendo aquí.

Por último decidimos compartir o aprendido cos nenos o nenas do cole para que se vaian familiarizando cos contidos que pronto lles tocará traballar a eles tamén. e quen mellor para contarlles todo esto que os seus compañeiros. Como podedes ver nestas imaxes, todos estiveron moi atentos e disfrutaron da explicación nunha ponencia na nosa biblioteca creativa. 

Xa estamos pensando en cal será o proximo invento!.