Iniciar sesión: Acceso

CELEBRAMOS O MAGOSTO.

 

O venres, 16 de novembro celebramos o magosto. Como cada ano, achegámonos ao por qué desta celebración tradicional en Galicia que, como outras moitas tradicións, debemos coñecer e conservar. E  qué mellor maneira que vivila en directo e disfrutala  celebrando o magosto.

Durante esa semana trouxemos castañas e algunha leña. Deste xeito celebramos  o magosto coa colaboración de tod@s.

Coa axuda de Ósca, fomos pintando por cursos as plantillas para construír un castiñeiro tridimensional que está espido. Agora coas nosas indagacións en torno a refráns, ditos populares e cantigas, ou adiviñas en relación ao magosto irémolo vestindo con ourizos, castañas e follas…nas que plasmamos esta información, recollida na casa e a través das TICs. Así construímos a nosa árbore de refráns, adiviñas e ditos populares, tamén coa aportación de todxs. Se premedes aquí  podedes ver imaxes da nosa árbore. 

Os nenos e nenas de sexto, despois do recreo, preparamos todo…para asar as castañas coa axuda de Paco. Xantamos deseguida e marchamos con Paco a prender o lume e asar as castañas.

Os nenos de cuarto prepararon con Pablo, o seu titor, un xogo de pistas que o profe colocou moi sixilosamente polo patio e o cole. Así que a tarde estaba amenizada. Os nenos e nenas de sexto asando castañas con Paco e o resto do cole formaron equipos nos que había nenxs de infantil a sexto e a buscar as pistas para atopar o trofeo. Tiñan como norma estar o equipo sempre xunto e polo tanto completo así que había que respetar o paso dxs máis pequenxs…nada de carreiras!.

Pasámolo xenial lendo nas pistas que nos ían levando dunha a outra  polo percorrido ata atopar o trofeo….

Gañou o equipo de Eli, Senén, Marcos, Candela, Nuno, Emma, Martiño e Andrea.

Mentras transcurría o xogo acabáronse de asar as castañas. Despois collemos un cucurucho coas castañas e unha fanta ou cocacola e puxémonos a comelas  que estaban deliciosas!

Pero aínda estabamos impacientes  por outra actividade que nos gusta moito: embadurnar as mans na cinsa e pintar aos compañeiros e por suposto aos profes…

Encántanos!! Corremos para pintar, ou para non ser pintados, pero ninguén libra a non ser que teña un motivo. Os profes tentan poñerse serios, ameazan con baixar a nota pero estamos de broma e festa! Así que tampouco libraron!

Despois de disfrutar e rirnos do simpáticos que nos atopamos pintados hai que lavarse para rematar a festa e subir ao autobús limpos.

Así rematamos esta festa, na que compartimos xogo, traballo, e sobre todo disfrutamos dunha extraordinaria convivencia.

No seguinte enlace, podedes ver as imaxes que resumen un día estupendo de convivencia e disfrute arredor dunha tradición da nosa terra. 

                      Imaxes da celebración do magosto.

Grazas tamén familias que sempre estades ahí pola colleita de refráns, adiviñas, ditos… coas que vestimos o noso castiñeiro espido.