Iniciar sesión: Acceso

UNHA TARDE NO NOSO MONTE

 

O xoves pola tarde saímos todo o cole ó monte a buscar cogumelos. Unha tarde  tan espléndida de sol como de entusiasmo.

O autobús levounos ata un pobo próximo, Castrosante, no que por certo viven os nosos compañeiros J. Ramón e Gonzalo e logo cruzamos o monte por un camiño ancho dende o que nos adentrabamos en lameiros e bosques de carballos e pinos para buscar cogumelos ata baixar  cerca da Pobra.

Disfrutamos do bo tempo, e puxemos en acción todos os sentidos para percibir e sentir: as distintas tonalidades da natureza desta época do ano, auténticas postais outonizas… recollemos algunha landra para adornar a nosa colleita micolóxica e sobre todo buscamos e observamos atentamente para descubrir os cogumelos.

Qué ilusión cada vez que descubriamos algún!!

Acabámoslle co nome a Paco, que non daba feito, o profe micolóxico do cole  que nos ía dicindo os nomes dos cogumelos que lle mostrabamos e nos explicaba as curiosidades  de cada un….por certo algunhas ben singulares…Trouxemos dúas cestas coas que montamos unha pequena exposición….

Chegamos ao cole algúns cos pés húmidos e ata as máns arrabuñadas dalgunha silva…non importou porque o pasamos xenial. Démonos conta iso sí, de que sería importante coidar os nosos montes e telos máis limpos de maleza.

Xa no cole, Paco mostróunolas nos libros…e así fomos etiquetándoas cos seus nomes e sobre todo vendo que hai moitas tóxicas e polo tanto non se poden comer…

Se premedes aquí podedes ver as imaxes da nosa saída polo monte.

Pero a nosa aventura non rematou aquí. Pola tarde veu Silvia, a mamá de Dani, que tamén sabe moito de micoloxia e completou a nosa pequena exposición. Trouxo tres cestas que colocou e etiquetou. Acadamos unha exposición moi completa e variada.

O venres na hora de ler, Silvia contounos mais cousas dos cogumelos: como debemos collelos, como diferencialos. Hai algúns que se parecen moito aos comestibles e non se deben comer…como a típica zarrota ou lepiota….Así que ollo! É moi importante non comelas se non estás ben seguro de que son comestibles.

Trouxo algúns verdadeiramente curiosos que tocamos, olemos e por suposto observamos….A información entrou a raudales polos nosos sentidos….deixamos da man de Mercedes e Òscar, a cociñeira e o encargado de comedor,  probar algúns comestibles.

No seguinte enlace, tedes as fotos da nosa exposición e da charla de Silvia.

                         Imaxes exposición micolóxica.

Foron unhas xornadas estupendas…nas que aprendemos un montón. Unha vez máis recoñecemos o respecto e agradecemento que lle debemos á natureza que nos agasalla xenerosamente coas paisaxes, os cogumelos, os froitos, ás árbores, o aire limpo…que segundo a época do ano nos ofrecerá imaxes  singulares que espertan os nosos sentidos dunha forma extraordinaria.

Coidemos e disfrutemos dos nosos montes, pois Alí está o niño da saúde, de moita industria  tamén, a invitación a disfrutar, sen pedir nada a cambio…