Chegan as datas de Samaín e Halloween, dúas festividades que nos achegan a cultura de dous países: o noso, coa celebración de Samaín e o culto aos antepasados e Halloween, festa inglesa que celebramos para coñecer tamén a cultura do país do que estudiamos a lingua relacionada tamén co Samaín.
Ninguén é alleo no centro a esta celebración. Entroncamos a materia de inglés, o EDLG, Activ. Complementarias e Extraescolares e a Biblioteca
Na biblioteca aparece no expositor da actualidade os contos e escritores de medo, do que gardamos unha boa recopilación en Galicia e que leremos na hora de ler ou no club de lectura durante este tempo. Alí temos a Agustín ferrnández Paz: “Malos tempos para os fantasmas”, “Fantasmas no corredor”; Xavier Docampo: “O misterio das badaladas” “Corre corre cabaciña”, “Indo para o Samaín”, “A miña amiga a escuridade” obras de Marilar Aleixandre…
AS FAMILIAS CONTAN:
Durante esa semana o centro invita ás familias a vir contar un conto de medo na hora de ler, Unha actividade que nos encanta a todxs ademáis de sorprender coa calidade do relato e ata as súas propias adaptacións e creacións. O certo é que o alumnado de 3 a 12 anos queda totalmente enganchado e intrigrado mantendo a atención dun xeito asombroso.
O luns acudiron ao centro: Eva, tía de Marina e Lidia nai de Martín e Emma. Eva contounos maxistralmente o conto de “Corre corre cabaciña”. Lidia contounos unha historia de nen@s ambientada nun cemiterio “A alianza”. Mezcla de lectura e contar….pero mantívonos en suspense dende o principio ao fin no que nos deixou unha clara mensaxe: “Nunca collas o que non é teu”.
O martes acudiou ao centro Sandra, nai de Senén. Contounos un conto de Anxel Fole, ambientado no Courel, a historia dun capador que despois da celebración da matanza se foi para a súa casa noutro pobo nunha noite escura de inverno a pesar da invitación dos veciños a quedarse. Os lobos acompañárono todo o camiño….rodeábano…entón coñeceu o medo.
O mércores Toño, Silvia, Mª José e Pablo papás e mamás de Antía e Pedro prepararon un conto de guiñol. Unha posta en escea de auténticos profesionales. Unha historia de bruxas que fomentaba a lectura e que foi creada por Silvia e Mª José. Pasará a ocupar un lugar especial no recuncho das creacións. Podédela ver neste vídeo.
Todos eles auténticos contacontos e de tal calidade, que nos deu mágoa non compartir estas historias. Así que as que non están en vídeo serán contadas na radio escolar. Teredes a oportunidade de escoitalas próximamente en Radioguimariño.
Premendo aquí podedes ver as imaxes dos nosos contacontos.
MENÚ TERRORÍFICO
Ese día no comedor disfrutamos dun menú terrorífico. Comprobamos as mañas e creatividade de Mercedes a cociñeira, e Óscar o encargado de comedor como podedes ver nestas imaxes.
HALLOWEN E SAMAÍN.
No tempo de lecer despois do xantar o alumnado de 5º e 6º disfrazouse para visitar as clases e asustar aos seus compañeiros. Deste xeito entroncamos as dúas festividades: halloween e Samaín. A fin de paliar os medos, os titores cóntanlles aos máis pequenos que o alumnado de 5º e 6º lles vai a dar unha sorpresa. Nas visitas ás aulas, despois de intentar asustalos reparten caramelos para recompensar o primeiro susto, este ano chocolatinas….
Despois baixamos todos ao comedor e os nosos biblioaxudantes, o alumnado de 5º e 6º que recolleron relatos de medo da nosa zona contaránnolos á carón da exposición das cabazas.
Aquí tedes as imaxes que resumen a nosa celebración.
CONCURSO DE CABAZAS:
Dende hai anos convócase un concurso de cabazas con material de refugallo. Unha tarefa que fan nas casas. Acadamos unha exposición de creacións orixinais e de calidade donde de novo estiveron implicadas as familias. A calidade dos traballos era alta, difícil seleccionar unha por curso, así que o premio consisitiu nun lote de libros para cada aula, un diploma e chuches terroríficas para todxs.
Infantil: levou o premio das cabazas máis terroríficas.
Primeiro e segund levou o premio das cabazas máis ecolóxidcas pois abundaban os elementos naturais.
Terceiro e cuarto levou o premio ás cabazas máis estrambóticas.
5º e 6º Levou o premio ás calabazas máis monstruosas.
A Cociñeira levou o premio á cabaza máis sabrosa.
Se premedes aquí podedes ver imaxes de todas as cabazas que chegaron ao centro.
Foron días de traballo colaborativo, no que estivo implicada toda a comunidade educativa. Moitas grazas especialmente ás familias que viñeron a contar, que axudaron a facer cabazas… Gracias á implicación de todxs vivimos días emocionantes, que romperon a monotonía do dia a día das aulas, nos que non deixamos de compartir experiencias e aprender…