Iniciar sesión: Acceso

24 de Outubro: Día mundial da Biblioteca.

 

 

mércores 24 de outubro celébrase o día das Bibliotecas en todo o mundo. Dada a importancia que as bibliotecas teñen nas nosas vidas, consideramos que debíamos celebralo ao grande. Ademaisaproveitamos esta celebración para pór en marcha a biblioteca do noso centro así como as actividades que se van a desenvolver nela ao longo do curso.  

 

A biblioteca é un espazo de encontro e oportunidadePodemos…. 

 

FORMARNOS.  

Esta celebración é o resultado de semanas de traballo e formación por parte dos nenos e nenas de quinto e sexto. Eles fórmanse na xestión e organización da biblioteca, reflexionan sobre as normas e ata nos dan consellos para o seu bo uso converténdose nuns estupendos biblioaxudantes. A través dunhas xornadas de portas abertas para toda a comunidade escolar na hora de ler o xoves e venres desta semana, os cativos explicaron como atopar a información, o sistema de organización a través da CDU en Meiga, os distintos espazos da biblioteca (espazo fedelleiro, laboratorio de Radio Escolar, recunchos de lectura por idades, o recuncho de poéticas diversas…) así como os programas nos que participamos este curso como Biblioteca Creativa e a continuidade da Radio Escolar.  Aquí tedes un resumo en imaxes coas familias que nos acompañaron.

 

CONTAR E REPRESENTAR: 

A tarde do martes foi toda unha festa na biblioteca. Comezamos cos nosos biblioaxudantes que se estrearon como contacontos. Contáronnos o conto de “Os Bolechas queren saber como é unha biblioteca”, e aínda que era o estreo e os acompañaban os nervios, recibiron un merecido e caloroso aplauso.  

 

CREAR:  

Tamén creamos o nosa versión do “Principiño”. Utilizando as ilustracións do propio conto, os nenos de infantil comezaron a crear unha nova historia que viaxou ao longo de todas as clases para rematar en quinto e sexto, os encargados de poñerlle punto e final. Ademaisos debuxos foron ilustrados a través de diversas técnicas artísticas e o resultado non nos puido gustar máis. Aquí o tedes. Aproveitamos un anaco para ler o conto entre todos.  

 

XOGAR:  

A través do xogo, continuamos desfrutando da biblioteca.  

Os máis pequenos (infantil, primeiro e segundo) construíron diferentes crebacabezas de contos tradicionais.  

O demais nenos e nenas continuaron aprendendo sobre a biblioteca mentres xogabamos cos escornabot, uns pequenos robots que van dar moito xogo no noso cole. En equipos mixtos tiñan que percorrer co seu robot o tableiro e superando as probas e preguntas que lles plantexabamos. Aquí tedes unha mostra das probas ás que tiveron que enfrontarse os nosos valentes lectores.  

 

DISFRUTAR:  

Despois de tanto traballo, chegou a recompensa cunha visita moi especial: o doce Principiño chegou repleto de chuches e doces para os nenos e nenas (e para os profes tamén).  

Ademais, entregamos os marcapáxinas do colectivo Lemos Le que este ano está escrito por ¡Ramón Sandoval, un escritor da nosa comarca.  

 

Sen dúbida, pasamos un día moi fermoso. A Nosa biblioteca meréceo todo. Disfrutade das fotos que podedes ver premendo aquí 

Tamén tedes aquí este vídeo que o resume todo. Esperamos que vos guste.