Iniciar sesión: Acceso

Liga de baloncesto

No mes de novembro, fixemos unha liga de baloncesto no tempo de lecer da maña.

Os martes xogou o alumnado de 1º, 2º e 3º; un total de 13 alumnos/as distribuídos en 4 equipos.

Os xoves 4º, 5º e 6º, 16 alumnos/as que formaron 4 equipos.

Os equipos son mixtos, contando polo menos cun neno e cunha nena; ademais deberán ter un participante de cada curso (por exemplo, un neno/a de 4º, un neno/a de 5º e un neno/a de 6º).

En cada recreo xogáronse dous partidos de 10 minutos. O sistema que levamos a cabo foi o de liga, onde todos os equipos se enfrontaron entre si ao longo do mes de novembro. O último martes e xoves do mes, fixemos un partido libre para despedir esta primeira liga de baloncesto do colexio.

O alumnado estivo moi motivado ante esta iniciativa, con gañas de participar. Aproveitamos para fomentar este deporte, para dar a coñecer aos nenos/as as súas regras, aspectos básicos do mesmo..

 

Ante a boa acollida que tivo, a ilusión que xerou nos nenos/as, o que disfrutaron…non descartamos que nos próximos meses o baloncesto sexa de novo o protagonista dos noso tempo de lecer.