Iniciar sesión: Acceso

Tempos de lecer saudables

Dende o día 1 de outubro buscamos que os tempos de lecer sexan máis activos, máis saudables, nos que a actividade física estea presente. Para iso organizamos recreos saudables que se levarán a cabo durante todo o curso.

Temos 3 zonas co seguinte material:

  

ZONA 1: Patio cuberto pequeno → 1 Pelota baloncesto, 2 pelotas espuma, 3 cordas.

 ZONA 2: Pista polideportiva descuberta 1 Pelota de fútbol, 1 pelota de baloncesto, 1 pelota balonmán.

 ZONA 3: Parte descuberta → 2 Pelotas voleibol, 1 pelota espuma (brilé), 3 aros grandes, sacos.

 ZONA INFANTIL: (Columpios e areeiro) 1 Pelota espuma, 3 pelotas plástico, 5 aros pequenos.

O alumnado está distribuído en 3 grupos: 1º e 2º, 3º e 4º e 5º e 6º. Rotarán seguindo esta táboa:

 

ZONA 1

ZONA 2

ZONA 3

LUNS

1º / 2º

3º / 4º

5º / 6º

MARTES

LIBRE

MÉRCORES

3º / 4º

5º / 6ª

1º / 2º

XOVES

LIBRE

VENRES

5º / 6º

1º / 2º

3º / 4º

 

Os luns, mércores e venres cada grupo xogará na súa zona co material que lle corresponde.

Os martes e xoves pódese xogar en calquera das zonas, con calquera material e con calquera compañeiro /a.

O material de cada unha das zonas cóllese ao comezo do  tempo de lecer (tanto no da mañá coma no do comedor) e débese deixar recollido ao rematar.

Os días que chova non se seguirá esta organización, dadas as limitacións dos espazos.

 

Levamos dous meses con esta actividade e a valoración está sendo moi positiva: conseguimos que o alumnado faga máis actividade física durante os tempos de lecer, que amosen máis interese polo exercicio, que se relacionen con todos os alumnos/as do centro…

O exercicio físico proporciónanos moitos beneficios: mellora a nosa saúde, as nosas relacións sociais, axúdanos a relaxarnos e a durmir mellor, a aumentar a nosa forza, resistencia e axilidade.

Fortalece os ósos e músculos, é bo para o corazón e os pulmóns…

 

“O mellor camiño é a actividade física; pona na túa vida”