Iniciar sesión: Acceso

"Biosferos e Biosferas"

O martes 24 fomos “Biosferos e Biosferas” nun obradoiro levado a cabo por unha persoa de ADEGA, Asociación Defensa Ecolóxica de Galicia,

Esta asociación ecoloxista, cuns 40 anos de existencia,  ofreceunos un obradoiro a través dun concurso para coñecer como coidar mellor a natureza, o que contamina máis, como defender o medio natural xa que non temos outro…

Fixemos dous grupos : 1º e 2º e 3º, 4º, 5º e 6º. Á súa vez había diferentes equipos que ían conseguindo puntos a medida que superaban diversas probas.

A primeira parte do xogo, centrouse nunhas preguntas sobre anfibios; son coa súa presenza os indicadores dun nivel aceptable de contaminación. Preguntas sobre o seu hábitat, características…

A seguinte actividade consistía en clasificar por un lado especies invasoras e por outro lado as autóctonas. Un grave problema ocasiónano as especies que invaden os nosos ecosistemas e os alteran.

Aprendemos que son especies invasoras a mimosa, o cangrexo americano, herba da pampa, faisán, eucalipto…

Logo, xogamos ao rosco de pasapalabra; un tarefa que motivou moito ao alumnado propiciando neles un alto nivel de involucración. Saíron palabras como Adega, bosque, xoaniña, eucalipto, ecoloxista…

Era o momento da proba “pintáronme”; consistía en completar palabras con algunhas letras. Se fallan, o equipo que teñen ao seu carón pódelles pintar unha raia na cara.

A última proba, “axustar as gafas”; hai que adiviñar que animal ou planta se escondía na imaxe. Se precisaban ampliar máis, a puntuación que obtiñan era menor. Puidemos ver cornos dun cervo, bolboretas, xabaril, vaca louca, píntega, curuxa.

O obradoiro durou unha hora para cada un dos dous grupos; como podedes ver serviunos para adquirir novo coñecementos, para concienciarnos da importancia de coidalo…

A disfrutar do medio natural, non temos outro