Iniciar sesión: Acceso

Magosto

Onte, venres 6, celebramos o Magosto. O tempo deunos unha tregua e puidemos disfrutar desta celebración, con tanta tradición en Galicia.

Queremos agradecer ás familias a súa colaboración para que fose posible o Magosto, tanto coas castañas como coa leña.

Primeiro, sobre as 12h preparamos as castañas para poder asalas. Ao mesmo tempo Paco e os seus alumnos/as prenderon o lume.

Pola tarde, recollemos ditos populares, refráns, adiviñas sobre a castaña, sobre o magosto, para realizar un mural.  A verdade é que temos no cole unhas grandes debuxantes. Aproveitamos así para traballar co alumnado a importancia da castaña en Galicia, o que significa para os galegos.

Ás 14:45h chegou o momento ansiado de comer castañas, de compartir no patio momentos de risa cos compañeiros/as, de xogar…As castañas estaban moi ricas, no punto xusto.

Finalmente…o carbón pasou a un primeiro plano e puxémonos un pouco negros. As nosas caras de ledicia dino todo.

Foi un día moi positivo, no que aprendimos, compartimos, rimos, xogamos, medramos como persoas.

"As castañas queren en agosto arder e en setembro beber"