Iniciar sesión: Acceso

Benvidos á nosa web!

 

 

Recuncho virtual onde pretendemos amosar as experiencias educativas levadas a cabo na escola, ademais de proporcionarvos moita información relativa ao centro escolar. Esperamos que a información que vos demos sexa do voso agrado e aceptamos atentamente todo tipo de suxerencias que nos podan axudar a enriquecer a nosa páxina web. 

 

Gustaríanos que este novo recurso que temos na escola sirva para sentir a escola coma un novo lugar de convivencia, de relación, de aprendizaxe, de disfrute,... por parte de todos os membros da comunidade educativa e da xente interesada en coñecer as experiencias desenvolvidas no noso centro escolar. 

 

Para disfrutar de toda a información da páxina debedes de adentrarvos polas diferentes seccións que podedes ver nos menús da dereita ou da esquerda.  

 

Un cordial saúdo

 

XORNADA DE FORMACIÓN CON LUIS LOSADA DE REDE ESPORA.

 

O martes, 14 de febreiro veu Luis Losada de Rede Espora ao centro. Pasamos a mañá  na biblioteca  escoitando a Luis e traballando para mellorar a elaboración de programas de radio.

A data, 14 de febreiro invitaba a reflexionar sobre un sentimento vital, que nos fai sentir tan ben como o querer… Así que entre Dori, Paula e Luis seleccionaron varios poemas, de distintos autores, para recitar, relacionados co amor.

Formamos tres  equipos, cos poemas repartidos, para elaborar o guión dos  nosos programas de radio, así que distribuimos as tarefas e coa súa axuda puxémonos a traballar: investigamos sobre os autores dos que tiñamos poemas;  Antonio García Teijeiro, Curros Enríquez, Manuel María… Elaboramos as escaletas: presentación, recitación, despedida.

Lemos as  poesías e comentámolas cos profesores, para  facelas nosas,  coñecer  moi ben do que iamos a falar  e  recitalas co tono axeitado.

Despois chegou a parte técnica e que nos parece sempre un momento máxico: grabar o programa. Esta vez con novidades, pois non iamos ter as profes, como de costume, no ordenador; así que un tanto nerviosos, pero sentíndonos moi importantes e capaces dispuxémonos a seguir as instruccións de Luis.

Ensinounos páxinas dende donde podíamos baixar música, sonidos…. E como  incorporalos… Que emoción!

Así, formando un equipo organizado, con responsabilidades repartidas, repetando silenzos e todos a tentos aos turnos….fomos quen de grabar os nosos programas.

             FOTOS DA FORMACIÓN CON RADIO ESPORA.

Programa 1

Programa 2

Programa 3

Moitas grazas Luis, pola tua paciencia e información que foi moita…e moitas grazas Bibliotecas Escolares porque grazas a vós contamos cunha radio no cole, unha ferramenta que nos  encanta, emociona…que nos permite abordar o traballo do cole de múltiples maneiras: investigando, preguntando, organizando a información e preparándoa para sermos quen de contarllas aos demáis a través do máis emocionante: grabar un programa de radio.

 

EXCURSIÓN Á LUGO

 

O martes, 12 de febreiro fomos de excursión a Lugo. Saimos do cole ás 9:30, Así que cando soou o timbre para entrar ás clases dirixímonos ao autobús coas pilas ben cargadiñas  para aproveitar  o día.

 

Chegamos a Lugo, ao Gadis do CEAO. Pois participamos na campaña "Alimentes", promovida por esta entidade. Alí dividímonos en dous grupos; infantil e primeiro e segundo por un lado e 3º,4º,5º e 6º polo outro.  Acompañounos unha monitora polas  distintas seccións  dos alimentos a medida que nos ía explicando os distintos grupos seguindo a pirámide, as súas características, os beneficios na nosa saúde e a frecuencia recomendada de consumo.

 

Coñecemos verduras e froitas novas que non acostuman a cultivarse na nosa zona, os tipos de pescado, de carne… e tamén visitamos a zona das chuches!!!  Unha boa mágoa, o que máis nos gusta é do que menos se debe comer….pero en fín! Aprender sempre está ben.

Tedes todas as imaxes da nosa visita polo Gadis premendo aquí.

 

Despois tomamos un pequeno  tente en pé, que ademáis nos deron alí: unha bolsa que contiña unha botella de auga, un plátano e un kit de leite.

 

Ás 12:30 visitamos o centro de interpretación do Rio Rato. Alí coñecemos un resto etnográfico de Lugo, pois as instalacións están nun muiño restaurado.

 

Coñecemos a flora e a fauna da reserva da Biosfera, é dicir, da ribeira do Miño. Foi estupendo, coñecer os animáis, as súas curiosidades, así como as pistas que nos dan moitas veces a presenza dalgúns animáis nas augas para coñecer a súa calidade e o grao de limpeza.

 

Escoitamos unha canción e vimos unha pequena reportaxe, onde unha vez máis  nos demos conta do moito que podemos facer para manter a nosa contorna limpa e en bo estado.

 

Saimos ás 14:00, cargados de información e material que nos deron: un caderno de actividades, marcapáxinas con motivos da reserva, e unha baralla de animáis.

Aquí podedes ver o atentos que estivemos ás explicacións dos monitores.

 

 Dirixímonos a Outeiro de Rei, donde iamos  comer e disfrutar da seguinte visita: o parque das formigas de San Clodio.

 

Despois de comer un bo bocata,  froita e descansar un anaquiño, apareceu J. Ramón, o constructor deste parque e dono da explotación gandeira .

 

Comezamos unha visita pola natureza, e viaxamos a un pobo donde os habitantes son formigas. Todo o que  alí hai está elaborado con material de refugallo, e dicir, reciclado creado a partir dunha historia.

 

No lugar donde comemos as luces do teito forman o noso sistema solar. A sala contigua, para celebracións  tamén está decorada  deste xeito, as columnas son árbores . Todo está elaborado con material de refugallo.

 

O porche conta cun forno, un espazo para facer o churrasco, bancos……. Comezamos a visita,  acompañados de J. Ramón,  pola  explotación , unha fermosa paraxe natural:  poboada de prados e árbores: carballos centenarios, chamounos a atención un que foi capaz de partir unha rocha para saír á natureza, e outro que non foron capaces de abrazar os 9 nenos e nenas de Educación infantil.

 

 O recurso económico ademáis deste poboado de figuras recicladas é a agricultura ecolóxica. Coñecemos a súa explotación gandeira, con vacas dunha raza especial, todas teñen a cabeza branca e o corpo a manchas pardo claro e blanco…proveñen de Irlanda.

 

Visitamos o curral, o horto ecolóxico que nestes intres, dada a época do ano aínda non está plantado….e percorremos o parque seguindo as historias distintas destes personaxes, as formigas: A situación dun control da garda civil de tráfico multando, o cobrador do frac, os pescadores, a nave espacial preparada para despegar…e un pequeno parque donde se atopaban algúns animáis: unha araña, un polbo, cogumelos….e un helicóptero que irrumpe para traernos a chave dun tesouro que nos permitiu visitar un túnel…..

 

Visitamos tamén un recinto que contiña unha cabaña elaborada con material de refugallo e unha pequena charca diante. Un lugar ideal para soñar e crear historias…

Mirade aquí ás nosas novas amigas e todos os sitios que descubrimos!

 

En fin, fixemos un paseo de dúas horas pola natureza, visitando estas historias espalladas…que nos encantaron, e nos fixeron sentir unha vez máis a importancia de reciclar para manter limpo  o noso fogar;  pero ademáis, tamén  nos invitou á deixar viaxar a nosa imaxinación a creatividade e  unha clara mensaxe: antes de tirar, reflexionar, seguro que xa non serve para nada?

 

Despois merendamos e voltamos para a casa. Chegamos ao cole, cargados de información e bos propósitos,  ás sete, onde nos agardaban as nosas familias.

 

DIA MUNDIAL DA RADIO

DÍA MUNDIAL DA RADIO

O 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio. Puxemos o noso gran de area, pois calquer excusa nos vale para facer radio e tamén para traballar co lema proposto: Dialogo, tolerancia e Paz. Así que traballamos coa proposta de Rede Espora e convertimos unha noticia real,  en positiva. Despoois envialola e Rede Espora que elaborou este estupendo progrma coas noticias de todos os coles.

Escoitamos o programa cos traballos de todos os compañeiros e compañeiras e falamos sobre o extraordinario que sería Se estas novas que cambiamos fosen realidade....

queredes escoitalo?.

Pois pinchade no enlace.

 

https://soundcloud.com/user-263481977

 

Cartas por San Valentín.

O día 14 de Febreiro clébrase o día do AMOR e no cole de Pobra do Brollón tamén quixemos celebralo. Calqueira excusa é boa para expresar os bos sentimentos ás persoas que nos rodean e coas que compartimos tantos ratos ao longo do ano. E que mellor forma que facelo a través das palabras. 

Durante toda a semana tivemos aberto un buzón no que todos puidemos depositar as nosas cartas, mensaxes, debuxos, dedicatorias... para os nosos compañeiros, profes, etc... Así, o xoves tiñamos un montón de correspondencia. Os carteiros puxéronse a traballar e repartiron todas as cartas, ninguén quedou sen ela e os bos desexos doutra persoa. Que ben senta saber que alguén pensou en ti!

Aquí podedes ver as imaxes deste ratiño tan fermoso. Fixádevos nas caras de ilusión de todos ao recibir as cartas. 

Amor polos amigos, polos compañeiros, polo que facemos, pola familia, pola natureza... Todo tipo de amor hai que celebralo. 

A quererse moito e ben!

LIGA DE TENIS DE MESA.

Como xa vos adiantasmos, estas semana tivo lugar a liga de tenis de mesa do noso colexio. Os martes e xovesdestas últimas semanas adicamos os tempos de lecer (mañá e tarde) a coñecer un pouco máis e disfrutar deste deporte. 

Esta liga continúa o traballo que se ven facendo dende o Plan Proxecta estes últimos anos e ten un gran éxito entre os nenos e nenas do cole. Ademais, é unha maneira de achegalos aos deportes de raqueta, unha nova posibilidade. Amosaron gañas de disfrutar, de compartir momentos lúdicos cos seus amigos/as, de esforzarse, de superarse

Xogamos en tres grupos:

1º e 2º: Pretendemos que se inicien, que coñezan o tenis de mesa, que disfruten xogando.

3ºe 4º: Buscamos que o pasen ben , que sexa un momento de divertimento.

5º e 6º: Incidindo un pouco máis nas regras, en algún aspecto técnico sinxelo.

No seguinte enlace podedes ver algunhas imaxes dos encontros. 

Nesta liga decidimos que os nenos simplemente disfrutasen da súa participación e da propia progresión que mostraron, sen dar importancia ao aspecto competitivo, polo que ao final do proxecto outorgaremos un premio conxunto que todos os nenos e nenas poderán disfrutar. 

Seguimos traballando e disfrutando do deporte!.

ENTREVISTA A OLGA NOVO EN RADIO GUÍMARO

Entrevista a Olga Novo

Poéticas Diversas e mes da poesia.

O xoves, 7 de febreiro vivimos unha mañá entrañable, cargada de emocións, sensibilidade, mensaxes...

Aquí tedes imaxes desta fermosa mañá.

Escoitar a Olga Novo foi un privilexio.

Falar de atopar poesia no imperceptible, na nosa vida... é falar de Olga Novo. Se queredes emocionarvos  só tedes que escoitar a Olga  na entrevista que lle fixeron os nenos e nenas de 5º e 6º.

Olga Novo en Radio Guímaro

Pero voltará moi pronto para xogar con nós, coas palabras e coa poesía!

ESCORNABOTS EN PAZ

Con motivo do Día escolar da Non Violencia e a Paz no CEIP Pobra do Brollón deseñamos unha serie de actividades entre as que se atopaban xogos cos escornabots. Desenvolvimos dous xogos diferentes adaptados ás diferentes idades do alumnado e que a continuación vos explicamos. 

 

Xogo "Podo- Non podo":

Os nenos e nenas de infantil e primeiro e segundo curso de primaria traballaron as normas de conducta a través do libro "Cachorros & cachorros" de Isabella Paglia e Anna Laura Cantone. En base a el, creamos unha serie de tarxetas para colocar nos taboleiros do escorna nas cales se lles preguntaba aos pequechos o que podemos e non podemos facer, por moi cativos que sexamos. 

Nos documentos adxuntos tedes a información do xogo e os materiais necesarios para o eu desenvolvemento. 

Xogo da Paz:

Co alumnado máis maior do cole fomos un pouquiño máis aló e decidimos traballar as normas de convivencia que debemos ter en conta dentro da escola. Seguindo o sistema de tarxetas, os rapaces e rapazas tiñan que enfrentarse a situacións diversas e decidir que facer ante elas. As respostas que resultaron deste xogo foron moi reflexivas e convincentes. 

Aquí tedes os materiais deste xogo.

Se premedes aquí, podedes ver as imaxes do noso día de xogos cos escornabot. Sen dúbida, estes pequenos robots estanse a converter en un estupendo recurso para traballar e reforzar as nosas aprendizaxes. Esperamos que vos gusten!

TODOS COA PAZ NO CEIP POBRA DO BROLLÓN

Voltamos das vacacións do Nadal, cos mellores propósitos do novo ano que comeza: mellorar!. E é que xaneiro chega cargado de proxectos e cunha  gran data para reflexionar: O dia da Paz. Momentos que invitan á importancia de vivir en paz, medrando fortalecidos polos valores, que nos levan a convivir no respeto á diversidade, na tolerancia, na solidariedade,  pilares sobre os que contruír  futuro.

Abordamos este tema dende todas as materias e como na maioría das conmemoracións a biblioteca foi o motor central facendo as súas propostas.

Creamos o recuncho lector cos libros da biblioteca que abordan esta temática. Este recuncho colocouse na entrada do comedor.  A biblioteca saiu fóra do seu recinto e facilitou a posibilidade de ler ao alumnado surtindo os momentos de lectura ou de lecer con contos do recuncho.

Seleccionamos algúns destes contos para traballar nas aulas: hora de ler, plan lector…

Infantil: “Cachorros cachorros”, “Unha manchea de bicos” “O segredo de Flora”.

En 1º e 2º: “Cachorros cachorros”, “Cuando me hice así de pequeño” “O segredo de Flora” “A casa grande” “A manchas ou a raias?”.

En 3º e 4º: “O elefante dunha soa orella”

En 5º e 6º: “O Carteiro de Bagdag”,”O segredo de Flora”, “A casa grande” e prepararon para contar ao resto do cole: A manchas ou a raias? De Estefania de Padullés.

Creamos un poema para unha canción: Nas áreas das linguas, reflexionando sobre as mensaxes das nosas lecturas, participamos nun obradoiro de poesía para describir a PAZ. Xogamos coas palabras, as estrofas e a rima. Así naceu a 1ª estrofa dun poema en primeiro e segundo; o retrouso en 3º e 4º e as tres últimas estrofas en quinto e sexto. O profesor de música creou a melodia para despois cantar todxs xuntos unha canción cargada de mensaxe

 Poema

Música

Durante a semana do 25 ao 31 de xaneiro a hora de ler estivo organizada por actividades que nos invitaban á reflexión sobre esta gran necesidade no mundo: A PAZ!.

O luns viron na aula virtual unha curtametraxe: “A terra é miña”

O Martes viron a curtametraxe: “Tres puntadas”.

O Mércores viron a curtametraxe: “O reino”

O Xoves: Os biblioaxudantes de 5º e 6º contaron o conto de Estefanía de Padullés “A manchas ou a raias?”. Empregaron como soporte o conto en powert point.

Despois das sesión abriase un pequeno debate para facer valoracións persoais,  impresións, e sobre todo analizar  mensaxes e conclusións.

O venres colocamos un mural  realizado dende a área de plástica: contén o poema que crearon todxs e os debuxos que realizaron na sesión de plástica, no que plasmaron o que lles transmitía PAZ. Dende plástica, traballaron tamén con papiroflexia, construíndo pombas da Paz e que serviron para completar o mural e ambientar o recuncho lector da PAZ.

O venres pola tarde dedicámolo a actividades sobre a Paz na biblioteca: Cantaron a súa canción e despois xogaron cos escornabots con dous xogos creados polo Equipo de biblioteca en torno a boa convivencia, ás  boas condutas e modales  e á PAZ.

Creamos dous xogos cos escornabots para xogar en equipos.

Un para infantil e primeiro e segundo sobre o libro “Cachorros cachorros” que traballa dunha forma simpática o que fan os cachorros pero   que non debemos facer os nenos e nenas.

O xogo titúlase: Podo! Non podo!

O outro xogo está dirixido a 3º, 4º, 5º e 6º. Invita á reflexión sobre as actitudes ou decisións que se deben tomar ante diversas situacións conflictivas do día a día e traballa conceptos nos que nos pode por a vida: refuxiados, emigrantes.

Este xogo titúlase: “Xogo da Paz”

Rematamos unha semana tentando aumentar a sensibilización e o compromiso cara a necesidade de sentir a Paz empezando por mirarnos a nós mesmos e actuar implicándonos co seu triunfo paso a paso.

Como moi ben nos deixou reflexionado Gandhi:

"Si queres cambiar o mundo, cámbiate a ti mesmo."

 

 

COMEZA A LIGA DE TENIS DE MESA.

 

Un ano máis, damos comezo á liga de tenis de mesa no Ceip Pobra do Brollón. Durante as dúas próximas semanas, todos os nenos de primaria disfrutarán nos tempos de lecer deste deporte.

Podedes consultar o calendario da liga nos seguinte enlace. 

Calendario Liga Tenis de Mesa. 

Manterémosvos informados de como resultou a actividade. A XOGAR!

 

Distribuir contido