ANPA "A Ferradura"
Información natación. Segundo cuatrimestre
Enviado por painai1 o Xov, 2019-01-10 11:25(do 1 de Febreiro ao 31de Maio)
LUNS 16:30 a 17:15 ( 8 prazas)
MARTES 17:15 a 18:00 ( 6 prazas)
MÉRCORES 16:30 a 17:15 ( 6 prazas)
XOVES 17:15 a 18:00 ( 6 prazas)
VENRES :
- 1º grupo 15:45 a 16:30 ( 24 prazas)
- 2º grupo 16:30 a 17:15 ( 24 prazas )
- 3º grupo 17:15 a 18:00 ( 16 prazas)
REQUISITOS:
- Os inscritos no 1ª cuatrimestre deberán confirmar a súa asistencia para o 2ª cuatrimestre no local da anpa ou ben chamando o 699.973.596 Do 14 ao 18 de Xaneiro.de 2019 (a non confirmación entendese como baixa)
Prezo: Renovación; 47,00€/ cuatrimestre.
- O alumnado de nova admisión debera cumprimentar a documentación correspondente no local da anpa do 21 ao 25 de Xaneiro de 2019.
Prezo: 47,00€/ cuatrimestre
NOTA: É imprescindible que os nenos que accedan a esta actividade teñan un mínimo de 6 anos cumpridos no ano 2019 e ser autosuficientes para cambiarse e desenvolverse nos vestiarios.(Segundo normativa da USC).
NOTA INFORMATIVA
Enviado por painai1 o Xov, 2019-01-10 11:21![]() |
XORNADAS DE VISITA O COMEDOR
|
Convocatoria Asamblea Ordinaria
Enviado por painai1 o Mér, 2018-11-28 11:19Convocatoria Asamblea Ordinaria
Convócase aos socios e socias da ANPA A Ferradura á asemblea ordinaria a celebrar na sala de vídeo o xoves 13 de decembro ás 16:30h primeira convocatoria e ás 170h. en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
- Aprobación se procede da acta anterior
- Problemática suscitada en torno ao estacionamiento de vehículos na contorna do PIO XII. Explicación das accións realizada
- Renovación de vacantes da Xunta directiva.
Existen varias vacantes e precisamos de xente que se incorpore á xunta directiva da Anpa A Ferradura.
Todos @s interesad@s poden entregar a súa candidatura no local da asociación co prazo límite de entrega de 48 horas antes da celebración da Asemblea Ordinaria de Pais/Nais.
4.- Rogos e preguntas
Modelo de presentación
D./Dª. ................................................................................................... maior de idade con D.N.I. ......................................
Na súa calidade pai ou nai, titor/a legal de un/a alumno/a do C.E.I.P. “PIO XII”, e socio/-a de pleno dereito da ANPA A Ferradura, polo presente documento:
MANIFESTA: o seu desexo de formar parte da nova Xunta Directiva da ANPA A FERRADURA, cuxa elección se celebrará o día 13 de decembro de 2018.
Por tal motivo presenta a súa Candidatura:
Santiago de Compostela, a ..........de ................................. de .................
O pai, nai ou Titor/a legal
Disciplina positiva
Enviado por painai1 o Mar, 2018-11-20 16:45DISCIPLINA POSITIVA
CHARLA INFORMATIVA E VIVENCIAL
MÉRCORES 5 DE DECEMBRO AS 16:30
AULA DE VIDEO CEIP PIO XII
Estas charlas terían unha duración de hora e media e sintetizarían todos os puntos que se soen desenvolver nun taller de DP (unha parte de teoría sobre psicoloxía Alderiana, actividades de role playing entre os asistentes, debate e reflexión, axuda a problemas concretos dunha familia voluntaria, recursos e materiais para profundizar na DP.
A ANPA A FERRADURA ESPERA CONTAR COA VOSA PRESENZA
Diversidade de Xenero
Enviado por painai1 o Lun, 2018-11-19 12:22DIVERSIDADE DE XÉNERO E COMO ENFOCALA
Charla dirixida a os/as nais/pais do CEIP Pío XII
O día 21 de novembro ás 16:30 na aula de video do colexio a cargo da presidenta de ARELAS
(Asociación de Familias de Menores Trans)
Nota informativa
Enviado por painai1 o Ven, 2018-11-16 11:13Civismo e Corresponsabilidade
Con dous C que todas e todos interioricemos é dabondo. Os pais do Pío XII escoitamos estes días con preocupación as queixas dos veciños da rúa Poza de Bar sobre o uso da zona de parada situada diante do colexio. E, en resposta ás mesmas, está ben aclarar varios puntos... LER MÁIS
Actividades extraescolares, comedor e servizo de madrugadores. Nenos de 3 anos
Enviado por painai1 o Ven, 2018-06-08 11:49Nos seguintes enlaces pódese consultar a relación de actividades, horarios, prezos e outra información de interese para o alumnado de 3 anos que comeza no curso 2018/19.
- Normativa, horarios e prezos_3anos. Curso 2018-19.
- Solicitude de praza_3anos. Curso 2018-2109. Formato PDF Formato word
- Normativa do comedor
- Autorización servizo de muda
Unha vez cuberta a solicitude debe entregarse no local da ANPA (en horario de 9.00-9.30 e 16.00-18.00) ou ben por correo electrónico (anpaferradura@gmail.com). Neste último caso deberán pasar polo local da ANPA para asinar a autorización para a domiciliación bancaria.
Actividades extraescolares, comedor e servizo de madrugadores. ANPA A Ferradura. Curso 2018-2019
Enviado por painai1 o Ven, 2018-05-25 16:04A partir do 28 de maio e ata o 11 de xuño está aberto o prazo para a inscrición no comedor, servizo de madrugadores e actividades extraescolares da ANPA "A Ferradura" para todos os nenos e nenas agás 4º de Educación Infantil (para estes nenos e nenas habilitarase nos próximos dias outro prazo).
Nos seguintes enlaces pódese consultar a relación de actividades, horarios, prezos e outra información de interese.
- Normativa, horarios e prezos. Curso 2018-19.
- Solicitude de praza. Curso 2018-2109. Formato PDF Formato word
Unha vez cuberta a solicitude debe entregarse no local da ANPA (en horario de 9.00-9.30 e 16.00-18.00) ou ben por correo electrónico (anpaferradura@gmail.com). Neste último caso deberán pasar polo local da ANPA para asinar a autorización para a domiciliación bancaria.
A asociación
Enviado por ceippio12 o Mar, 2007-03-27 12:26A Asociación de Nais e Pais “A Ferradura” do Colexio Pío XII ten como fins principais colaborar nas actividades educativas e extraescolares do colexio e facilitar a participación das nais e pais na xestión do Centro. Todas as nais, pais ou titores dos alumnos do colexio Pío XII que o desexen, poden formar parte desta asociación. É obrigado o pago dunha cota anual de 20 € por familia e curso escolar. O pago da cota deberá facerse a principios de cada curso. O carné da asociación é o documento que permite acceder ás actividades organizadas pola mesma.
As principais tarefas desenvolvidas pola asociación son:
- Facilitar as relacións das nais e pais co colexio, proporcionando asesoramento e colaborando coa Dirección do centro a través do representante que ten a asociación no consello escolar.
- Apoiar á Dirección do colexio nas reclamacións ante os responsábeis do goberno da Xunta de Galicia e do Concello de Santiago para pedir melloras das instalacións ou doutro tipo.
- Organizar actividades e servicios que faciliten as tarefas educativas e a conciliación da vida familiar e laboral das nais e pais. As principais son:
