Patricia Gómez Salgado. Formación académica Licenciada en Psicoloxía Doutora en psicoloxía, investigadora da Universidade de Santiago Experiencia docente Dende 2012 forma parte da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade compaxina a súa actividade investigadora e docente no eido académico co traballo como psicóloga na delegación ourensana da Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES Galicia), sendo tamén colaboradora da Fundación INGADA (Instituto Galego do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) e trastornos asociados). Ten participado nunha quincena de proxectos de investigación, e a súa tese doutoral desenvolveuse baixo o título O uso problemático de Internet e as Novas Tecnoloxías en adolescentes galegos. Ademais desta liña focalizada na detección precoz, screening e prevención do uso problemático de Internet entre os menores, participa noutra emerxente sobre ciberacoso, e nunha terceira que busca modelizar, predicir e previr o consumo abusivo de alcohol entre os adolescentes, o que a levou a realizar unha estadía de investigación no Boston Children¿s Hospital (Harvard Medical School) e un curso formativo no European Monitoring Centre for Drugs and Drug Addiction.