Fondo solidario e axudas libros 2019-2020

 

RELACIÓN DEFINITIVA. LIBROS ADXUDICADOS

 

 

 

RELACIÓN PROVISIONAL. NÚMERO DE LIBROS ADXUDICADOS

 
  

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR


Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

NORMAS XERAIS

  • O prazo de presentación de solicitudes é do 21 de maio ao 21 de xuño de 2019.
  • A solicitude pódese cumprimentar:
    • De xeito manual, recollendo modelo na secretaría do centro ou a través deste enlace.
    • Na Aplicación Fondolibros, xerando así un número de solicitude e realizando a presentación ben na sede electrónica da Xunta de Galicia, ben de xeito presencial no centro.
  • A solicitude será única para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2019-2020 e servirá para:

1. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Alumnado pertencente a familias con renda per cápita igual ou inferior a 5400€.

2. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS

Alumnado de 1º e 2º de Primaria.

3. PARTICIPAR NO BANCO DE LIBROS DESDE 3º A 6º EP

  • Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso 2018/2019, así como os libros emprestados no curso 2018-2019.
  • IMPORTANTE: O centro dispón de case a totalidade dos libros de texto para os cursos 3º e 5º de EP, agás Cadernos de actividades e Música. Para poder acceder a eles deberá solicitarse obrigatoriamente o Fondo solidario.

Datas de interese:

  • 21 de maio a 21 de xuño. Prazo de presentación de solicitudes.
  • 17 ao 21 de xuño. Devolución nas oficinas do centro dos libros emprestados.
  • 08 de xullo. Publicación da relación provisional cos libros adxudicados.
  • 09 e 10 de xullo. Periodo de reclamación á adxudicación provisional.
  • 12 de xullo. Publicación da relación definitiva de adxudicacións.
  • 05 e 06 de setembro. Entrega dos libros asignados ao alumnado.