Fondo solidario e axudas libros 2018-2019


 
  

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR


ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.

NORMAS XERAIS

  • O prazo de presentación de solicitudes é do 23 de maio ao 22 de xuño de 2018.
  • A instancia será única para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2018-2019. Pódese cumprimentar:
    • De xeito manual, recollendo modelo na secretaría do centro ou a través deste enlace.
    • Na Aplicación Fondolibros, xerando así un número de solicitude e realizando a presentación ben na sede electrónica da Xunta de Galicia, ben de xeito presencial no centro.

A instancia única será útil para:

1. PARTICIPAR NO BANCO DE LIBROS DESDE 3º A 6º EP

  • Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso 2017/2018, así como os libros emprestados no curso 2017-2018.
  • Atenderase ás seguintes datas:
    • 18 ao 22 de xuño. Devolución nas oficinas do centro dos libros emprestados.
    • 9 de xullo. Publicación da relación provisional cos libros adxudicados.
    • 10 e 11 de xullo. Periodo de reclamación á adxudicación provisional.
    • 13 de xullo. Publicación da relación definitiva de adxudicacións.
    • 6 e 7 de setembro. Entrega dos libros asignados ao alumnado.
  • IMPORTANTE: O centro dispón de case a totalidade dos libros de texto (excluídos Cadernos de actividades e Música) para os cursos 3º e 5º de EP. Para poder acceder a eles terá que solicitarse obrigatoriamente o Fondo solidario.

2. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS

Alumnado de 1º e 2º de Primaria.

3. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Alumnado pertencente a familias con renda per cápita igual ou inferior a 5400€.