Regulamento do centro

Normativa do Centro

 FACER CLICK NO ICONO PARA ACCEDER AO DOCUMENTO ADXUNTO DE "MEDIDAS CORRECTORAS"

  • O alumnado deberá asistir a clase PUNTUAL e correctamente vestido e aseado.

  • Os alumnos deben estar no colexio para entrar cos seus compañeiros. A entrada é un acto educativo que forma parte da xornada escolar. Por tanto, rogamos que, en beneficio de todos, colaboren activamente para que os seus fillos\as adquiran o hábito da puntualidade.

  • Os que chegan tarde atrasan a súa participación activa na clase e rompen o ritmo establecido na mesma. As portas de acceso ao centro pecharanse aos 10 minutos de iniciarse a entrada dos alumnos/as. Só se lles permitirá o acceso se xustifican debidamente o atraso.

  • As faltas de asistencia ou os retrasos deben ser xustificadas por escrito polos pais/nais e presentadas ao titor/a correspondente, así como as faltas de puntualidade.

  • Para sair do Centro en horas lectivas deberá sair sempre con coñecemento do titor/a ou o profesor que lle imparta clase nesa hora. O alumno será recollido por unha persoa da familia ou presentará a correspondente autorización escrita indicando o motivo da ausencia. 

  • Despedir aos alumnos/as de Primaria no patio cuberto do Colexio, colocándose detrás das filas para non perxudicar a formación das mesmas e esperalos no mesmo lugar.

  • Os alumnos de infantil (de 3,4 e 5 anos efectuarán a súas entradas e saídas pola porta habitual). 

  • As familias que teñan fillos/as escolarizados no centro tanto en educación infantil como en educación primaria, deberán recoller en primeiro lugar ao/á neno/a de infantil. Os irmáns que están en primaria poden esperar no patio cuberto a que as familias os recollan alí, previo aviso aos/as titores/as.

  • Queda prohibido o acceso ás aulas en horario lectivo. As familias poderán acceder ás aulas á hora na que esten citados co seu titor/a (os martes de 6 ás 7 da tarde).  

  • Pedimos aos pais/nais do Colexio, colaboración responsable cos distintos estamentos que compoñen o Centro: Profesorado, Consello Escolar, Persoal non Docente e A.N.P.A. para beneficio de toda a Comunidade Educativa:  

    • Asistir ás reunións de Nivel/Ciclo para recibir unha información directa do equipo de profesores/as.  

    • Falar co titor/a ao menos unha vez por trimestre para interesarse polo seguimento no progreso educativo do alumno/a. 

    • Solicitar ao titor/a dita entrevista con tempo suficiente.

  • Pregámoslles que se absteñan de pasar comida ou calquera outra cousa a través das valas do patio. 

  • Durante o desenvolvemento das actividades extraescolares da tarde, os pais/nais non poderán permanecer dentro de las instalacións do Centro, podendo esperar aos seus fillos/as na entrada principal do  Colexio.

  • É importante que marquen as prendas dos seus fillos e fillas, para evitar extravíos.

  • O alumnado, unha vez rematadas as súas actividades lectivas, complementarias ou extraescolares, non poderán permanecer dentro do recinto escolar sen autorización.

  • Polas  tardes, o alumnado poderá acceder ás instalacións do Centro, unicamente  para realizar as actividades extraescolares nas que está inscrito e /ou a asistir  á biblioteca.

  • O diálogo é a mellor maneira de aclarar e solucionar conflitos.

 
Dereitos e deberes de convivencia e participación 
Galego Castellano
 
Regulamento de Réxime Interno 
Galego Castellano
Distribuir contido