Funcións

ENQUISA: educonvives

Dacordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020. No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

       Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025. Neste contexto, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia de carácter censal e que terá unha periodicidade bianual              .

        A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. 

Nesta enquisa participaremos os diferentes sectores da comunidade Educativa.

·      Profesorado.

·      Alumnado de 5º e 6º

·      Persoal non docente

·      Familias

Datas: do 12 ao 29 de abril

 

Enlace:  https://www.edu.xunta.gal/convfamil

 

Claves: recibirédelas a través de Abalar

 

  

                                                                   Agradecemos a vosa participación

Funcións.

As funcións do Departamento de Orientación veñen recollidas no DOGA do 31 de xullo de 1998.

Destacando a súa intervención nos seguintes campos:

-Preventivo-diagnóstico.

-Intervención e recuperación.

-Asesoramento e información.

-Avaliación.

 

Distribuir contido