Deberes en Familia

Estimadas familias, continuando co noso proxecto educativo anual de centro “Queres coñecer Vigo comigo?"neste mes de marzo queremos propoñer varias actividades para facer en familia.

A primeira é visitar o “Vigo marítimo” no que  conectaredes coa forza que levantou a cidade de Vigo. Os edificios de pedra labrada do ensanche atópanse coa Ría nos xardíns e paseos de Beiramar. Achegamos un plano do mesmo coa ruta  e sitios destacados para visitar.

A segunda Actividade que propoñemos, coincidindo coa celebración da festa da Reconquista de Vigo, é visitar as portas orixinais da antiga muralla de Vigo: Porta do Sol, rúa Pracer, Berbés e Falperra.

Agradecendo de antemán a vosa participación