Skip to Content

ALUMNADO

SOMOS PELIQUEIROS!

Qué ben o pasamos a semana do Entroido: toda semana seguindo as mandas do Meco e o venres 8 de febreiro... por fin nos convertimos todos os nenos/as de infantil en peliqueiros! E canto ruído fixemos pola rúa... E a volta merendamos os doces que nos enviaron as familias, qué ricos estaban! Aquí vos deixamos algunhas fotos para que o comprobedes, esperamos que vos gusten!

 

INSECTOS

Podes visitar estas páxinas sobre os insectos que podemos ver en Galicia.

 

LECTURAS RECOMENDADAS

O AVÓ DE PIPA


 

 

POESÍAS

XOGANDO CON XEROGLÍFICOS

Para celebrar o día da paz tocounos facer unha bandeira con xeroglíficos exipcios. Para elo buscamos o alfabeto desta civilización e había un montón de paxaros, ollos e símbolos extraños.Como farían para entenderse estes exipcios??

TRABALLANDO NA CLASE

  

Na clase de 3º e 4º estivemos traballando o mundo das árbores, xa que como sabedes este celébrase o ano dos bosques. Apredemos os diferentes tipos de follas segundo as súas características e tamén as partes das que están compostas.

Visita do Seprona

Visita do Seprona

Contacontos

 

CONTACONTOS.

A semana pasada visitounos Alex e patricia. Os nenos e nenas de infantil, primeiro, segundo ciclo e  mestres pasamos un rato moi divertido escoitando e cantado con eles tres contos de Kalandraka: A familia C, O mago Goma e Pancho. Agora teremos que mercar un libro máis para saber que lle pasou a Pancho: A viaxe de Pancho.

Foi bonito emprender esta viaxe con eles. Esperámolos o vindeiro curso.

Concurso Matematics

 

  O noso colexio participou nun concurso de cálculo mental a través da rede. Os nenos exprimíronse a "cachola" para dar todo de sí e gañar uns premios moi apetecibles, pero xa sabedes o importante é participar...

Distribuir contido


by Dr. Radut