Skip to Content

E.Infantil

3 DE MAIO ... SAÍDA Ó ZOO DE VIGO E A CASA DE ROSALÍA DE CASTRO!

Qué ben o pasamos este día e cantas cousas vimos! O que máis nos chamou a atención... as serpes, os ósos, os leóns... e algunhas cousas que vimos na casa de Rosalía de Castro, como os billetes das antigas pesetas!

E o que máis lle chamou a atención ás profes... a enerxía que teñen estes nenos que ás 7 da tarde cando tíñamos que subir ó autobús para volver á casa, dicían: xa marchamos?

FELIZ DÍA MAMÁ!

Para agradecerlle as mamás todo o que fan por nós... regalámoslle o día da nai un ourizo moi orixinal, con pelo de cesped. Agora teremos que axudarlle a coidalo: regalo e cortarlle o pelo a cotío. GRAZAS POR TODO MAMIS!

TRABALLO NO INVERNADERO...

Como os chícharos que sementamos e estivemos coidando na aula xa medraron moito e necesitan máis espazo para seguir medrando... transplantámolos ó invernadero e agora teremos que seguir coidándoos para conseguir probar o seu froito!

23 DE ABRIL... DÍA DO LIBRO!

Os nenos/as de 5 anos neste día tan especial para nós, fomos á biblioteca a recitar dous poemas que aprendemos recentemente: "En el mundo de los libros" e "Don Libro". Estábamos algo nervioosos/as antes de empezar pero... finalmente saiunos moi ben!

 

O MUNDO...

Despois de tanto traballo, por fin podemos disfrutar da nova decoración da aula, o mapa-mundi elaborado por nós!

 

ÉRASE UNHA VEZ...

O pasado venres 5 de abril viñeron a visitarnos uns amigos moi especiais... chegados de kalandraka para contarnos algúns contos. Cánto nos gustaron! Non hai máis que ver as nosas caras nas fotos que aparecen aquí... pero con qué interese os mirábamos!

FELICIDADES VALERIA!

A nosa compañeira Valeria estivo o 2 de abril de cumple e hoxe, para celebralo con nós, trouxonos unha rosca con chocolate, qué rica estaba! Tamén nos trouxo un agasallo que nos encantou! Para comprobalo, mirade as fotos... FELICIDADES VALERIA! e moitas grazas por todo.

FESTA DE DESPEDIDA DO 2º TRIMESTRE

O último día de cole antes das vacacións, o pasado venres 22 de marzo, os nenos/as de infantil disfrutamos todos xuntos dunha pequena festa sorpresa que nos prepararon as profes, na que non faltaron xogos, risas e... ata premios! que eran riquísimos ovos de chocolate. Ademais tamén decoramos un ovo de pascua, que logo levamos ás nosas casas. Pasámolo en grande, non hai máis que mirar as fotos...

FELIZ DIA PAPA!

Estes últimos días os nenos/as de infantil estivemos pintando unha taza para agasallar ós nosos papás polo día do Pai e agradecerlle así todo o que fan por nós e o moito que nos queren e coidan. Esperamos que vos gustaran porque as fixemos con moita ilusión. Podedes comprobalo vós mesmos...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut