Skip to Content

Educación física

Primeira concentración de Tenis de Mesa.

Este venres 18 de xaneiro fomos ao Liceo de Noia a xogar a tenis de mesa.

Xuntámonos con xogadores/as de Noia, Zas, Portomouro e Serra de Outes. Aínda que os resultados non foron moi bos, pasámolo ben. Quédanos adestrar un pouco máis e seguro que vai nos vai mellor na concentración de Zas!!!

Saída á Lavandeira co Proxecto Ríos

Este outono saímos a analizar o río da Lavandeira cos alumnos de 5º e 6º de primaria o día 13 de novembro. Pola mañá fixo un pouco de frío pero á tarde o día estaba despexado e a temperatura moi agradable.

Despois de vinte minutos de caminata chegamos e comprobamos que a saúde de este treito de río era moi boa.

Ten un PH bo, non ten moitos nitratos, unha cantidade aceptable de osíxano disolto e moitos macroinvertebrados (que son os mellores indicadores para constatar a boa saúde dun río.

Todos xogamos ao trompo

Os máis peques tamén xogan ao trompo!!!

Comeza o curso 2012-13

Boas:

Xa comezamos o curso, intentaremos estar actualiz@dos.

Un saúdo, Roi

Distribuir contido


by Dr. Radut