Actividades

ENTROIDO 2021: A MECA

¡¡¡XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO!!!

E  a Meca cos deus "mandados".

MECA 2021

Luns:

Para un bo disfrace preparar,

pola cabeza tes que empezar!

Martes:

A parte de arriba imos rematando

se o pescozo vimos tapando!

Mércores:

Con algo posto na cintura,

virás feito unha fermosura!

Xoves:

Cubertos os pés,

o disfrace xa o tes!

Venres:

Agora pono todo xunto

e terás o disfrace a punto!

Si queres ver o enlace, fai click no arquivo adxunto.

pdf 

Si queres ver as fotos do Entroido fai click aquí.

SAMAÍN

No cole celebramos o Samaín por todo o alto con diversas actividades, festas, merendas, elaboración de contos terroríficos, etc. Para iso todo o cole se visteu de Samaín coa colaboración de todo o alumnado e os mestres. Se non tiveche ocasión de ver que bonito estaba o noso cole preme aquí.

MAGOSTO

Celebración do Magosto e do Samaín. Todo o alumnado e o profesorado do CEIP Piñeiros disfrazouse para a ocasión seguindo a temática do Samaín. Houbo disfraces moi chulos e orixinais. Os nenos e nenas disfrutaron da festa con diversas actividades como o túnel do terror protagonizado polos alumnos e alumnas de sexto, lectura de contos terroríficos, merenda composta por boliños preñados, castañas e leite, e tempo de lecer. Tamén se fixo entrega dos premios do concurso de debuxo organizado polo ANPA. Se queres ver as fotos da festa clica aquí.

PADRIÑOS LECTORES

Os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria exerceron de "padriños lectores" dos máis pequenos coincidindo coa celebración do día das bibliotecas. Na hora do proxecto lector, todo o alumnado baixou ao patio e desfrutaron da lectura de contos ao aire libre aproveitando o bo tempo. Se queres ver as fotos clica aquí.

REVISTA ESCOLAR

Como todos o anos, de novo fixemos a revista escolar cos feitos, noticias e avatares da vida cotiá do noso cole.

Si queredes botarlle un ollo, non tedes máis que picar na debuxo que aparece máis abaixo.

FOTOS VARIAS DOS NENOS E NENAS EN DISTINTAS ACTIVIDADES: VISITA MAGO, CORRELINGUA, CONTACONTOS E OLIMPIADAS ESCOLARES

Si queres ver as fotos do noso alumnado durante a visita do mago BENXAMÍN ao cole clica aquí.

Si queres ver as fotos dos maios e correlingua aquí.

Si queredes ver as fotos dos nenos e nenas nas Olimpiadas Escolares fai click aquí. 

Si queredes ver fotos do contacontos facede click aquí.

CELEBRACIÓN DO DÍA DO PEÓN

Baixo a convocatoria de Brinquedia Rede Galega do Xogo Tradicional, mañá venres celebraremos o xa tradicional Día do Peón.

Dentro das diferentes actividades previstas, as 11:55 h realizaremos no pavillón unha tirada conxunta de peóns na que participará a meirande parte do alumnado do centro. Xa podedes ver as fotos dese día.

MAGOSTO E SAMAÍN

O pasado venres 27 de outubro celebramos O Magosto e o Samaín no noso cole. Pasámolo DE MEDO!!!

Houbo castañas e bolos preñados. Puxémonos as botas.

Ademais, tamén foi a entrega de premios do concurso de debuxos e relatos de medo. Foi toda unha experiencia escoitar as fantásticas historias que saíron das cabeciñas dos nosos nenos e nenas.

Noraboa aos premiados e premiadas!!!

Si queres ver as fotos fai click aquí ou na foto

ENTREGA PREMIOS CERTAME INTERCENTROS

Si queredes botar un ollo á entrega de premios do certame intercentros deste ano facede click aquí.

CORRELINGUA

Como cada ano os alumnos e alumnas de Infantil, 1º e 2º ciclo de Primaria do CEIP Piñeiros foron ao Correlingua que este ano foi no auditorio de Caranza. si queredes ver as fotos facede click aquí ou na foto.

Distribuir contido

Profesorado

Educación Infantil

3 Anos

4 Anos

5 Anos

Educación Primaria

  • 1º de Primaria
  • 2º de Primaria
  • 3º de Primaria
  • 4º de Primaria
  • 5º de Primaria
  • 6º de Primaria
  • Inglés EP
  • Música EP
  • Educación Física EP
  • Relixión EP

CRON

Iniciar sesión

Eventos

« Maio 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

EMBLEMA FSE

RADIO ESTRELA

 

 

 

 

Biblioteca

Informática