Outras Conmemoracións

MAGOSTO

Celebración do Magosto e do Samaín. Todo o alumnado e o profesorado do CEIP Piñeiros disfrazouse para a ocasión seguindo a temática do Samaín. Houbo disfraces moi chulos e orixinais. Os nenos e nenas disfrutaron da festa con diversas actividades como o túnel do terror protagonizado polos alumnos e alumnas de sexto, lectura de contos terroríficos, merenda composta por boliños preñados, castañas e leite, e tempo de lecer. Tamén se fixo entrega dos premios do concurso de debuxo organizado polo ANPA. Se queres ver as fotos da festa clica aquí.

Magosto e Samaín


 

 

Esta semana celebramos no noso centro o Magosto e o Samaín cunha serie de actividades pensadas para todo o alumnado do noso cole. O día 30, como colofón, leremos contos de medo na biblioteca para todos os nenos e nenas e comeremos castañas e bolos preñados no patio, como todos os anos. Esperemos que disfruten moito.  

Para abrir boca, deixamos un enlace a unha páxina na que aparecen multitude de recursos e actividades para traballar no Samaín e no Magosto. 

https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/

Se queres botarlle un ollo ás fotos que fixemos pica aquí.

 

Distribuir contido