Ed. Infantil

O ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL VISITA A GRANXA DO SOUTO

O alumnado de 5º de Educación Infantil visitou a Granxa do Souto para entrar en contacto cas actividades diarias deste espazo. Foi unha excursión en tren onde os nenos e nenas compartiron momentos moi divertidos cos diferentes animais. Animámosvos a que vexades o seguinte vídeo premendo aquí 

EXCURSIÓN Á GRANXA DO SOUTO DO ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Os alumnos e alumnas de Infantil viaxaron en tren para visitar a Granxa do Souto e así complementar o traballo da aula.

Foi unha xornada divertida na que levaron a cabo multitude de actividades e obradoiros moi interesantes (plantaron grans de millo, déronlles de comer ás galiñas, montaron a cabalo, etc.). Se queredes ver o vídeo da excursión, premede aquí

ELECCIÓNS 5º INFANTIL PARA ELEXIR O NOME DA MASCOTA DA AULA

Se aínda non mirástedes as imaxes da elección do nome da mascota que realizaron os nenos e nenas de Infantil 5 anos, deixámosvos aquí un vídeo. Para velo, premer aquí.

VIVIMOS A VENDIMIA!

O alumnado de Infantil 3 anos recreou a Vendimia no ximnasio do centro. Os máis pequenos puideron recollelos acios da uva, exprimilos coas súas mans e o mellor de todo... bebelo mosto como resultado de todo o proceso! Non volo perdades, xa podedes velo vídeo premendo  aquí.

ELECCIÓNS 5º INFANTIL PARA ELEXIR O NOME DA MASCOTA DA AULA

Onte, xoves 15 de novembro, tiveron lugar as eleccións para escoller o nome da mascota da aula de 5º de infantil. Ditas eleccións se celebraron no hall do centro escolar de Piñeiros e asistiron un total de 16 alumnos (4 estaban ausentes) que votaron entre Peperoni e Narizota. O resultado da votación foi 10 votos a favor de Narizota e 6 a favor de Peperoni, polo que a mascota recibirá o nome de Narizota a partir de agora. Se queres ver como foi o proceso de votación e coñecer á mascota Narizota preme aquí. Tamén hai un video moi chulo que podes ver aquí.

                                                                                                               

EXCURSIÓN DE INFANTIL AO MUNCYT

O alumnado de Educación Infantil foi de visita ao MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología) o pasado martes 13 de novembro, onde pudieron ver como é a cabina dun avión por dentro e sentarse nos seus asientos, entre outras cosas. Os nenos e nenas pasáronno xenial. Se queres ver como disfrutaron preme aquí.

 

                                                                           

MERENDAS TERRORÍFICAS

Os nenos e nenas de infantil elaboraron durante toda unha semana as súas propias merendas, neste caso e polas datas nas que se atopaban, merendas terroríficas, utilizando todo tipo de alimentos. Pasárono moi ben, disfrutaron moito facendo de "chefs" e aprenderon que comer diversos alimentos tamén é divertido. Para ver as fotos preme aquí.

                                                                               

VISITA Á CASA DO MEL

O martes 21 de outubro, os nenos e nenas de Educación Infantil visitamos a Casa do Mel en Goente. Aprendimos moitas cousas: como son as abellas, onde viven... Ademais, fixemos unha vela e degustamos diferentes tipos de mel. Se queres botarlle un ollo ás fotos que realizamos, preme aquí. 

Distribuir contido