Saídas Escolares

VISITA AO TANQUE DE TORMENTAS

4° e 5° fixeron unha saída en bicicleta pola ría de Xubia para visitar o Tanque de Tormentas. Alí lles explicaron como funciona e os beneficios que proporciona para as nosas rías. Podedes ver as imaxes premendo aquí.

SAÍDA EN BICI POLO CONCELLO

O venres día 21 de novembro e o martes 25 de novembro realizamos unha saída en bicicleta polo Concello de Narón coa compaña de varios pais/nais que se apuntaron á actividade, Protección Civil e da Policía Local. Foron unhas saídas moi divertidas, aínda que nos cansaron un pouco.

O venres saímos co alumnado de 3º e 4º e fumos ao Concello a visitar o Salón de Plenos. Ademais tivemos a honra de poder falar co Alcalde e facerlle moitas preguntas que nos contestou moi amablamente. 

O martes saímos co alumnado de 5º e 6º co resto de colexios do Concello, con motivo da Marcha Ciclista  Pola Igualdade. O destino foi a Praza da Gándara.

Si queres ver a fotos aquí están todiñas.

Distribuir contido