ANPA

VISITA DO MAGO BENXAMÍN

O vindeiro luns 30 de abril recibiremos a visita do mago Benxamín. Serán 2 sesións: unha ás 10 h e outra ás 11 h. Vámolo pasar de medo.

FESTA DE ENTROIDO 2018

O vindeiro 9 de febreiro de 16:00 a 19:30 h celebrarase no pavillón do colexio a festa de Entroido, organizada pola ANPA. Haberá hinchables e un espectáculo musical a cargo da GUAGUA. Tamén haberá un concurso de disfraces para os nenos/as e moitas máis cousas.

A entrada para os socios é gratuita con bebida e bocadillo e os non socios terán que aboar 3 €.

Aquí tedes a circular informativa e o cartel da actividade.

 

CONTACONTOS E CONCERTO DE PACO NOGUEIRAS (RADIO BULE BULE)

NOTA DO ANPA AS ACEAS:

O vindeiro 14 de decembro ás 17:30 h no local do ANPA, realizaremos un novo contacontos amenizado pola nosa compañeira Ana. Nesta ocasión o conto vai dirixido aos cursos de 4º, 5º e 6º de Ed. Infantil. Os socios poderán disfrutar de balde da actividade; para os non socios terá un prezo de 3 €. Podedes apuntarvos dende xa no local do ANPA no seu horario habitual. 

Despois, a partir das 18:30 h dará comezo, no pavillón de Piñeiros, o concerto de RADIO BULE BULE de PACO NOGUEIRAS. Os socios do ANPA As Aceas tamén poderán entrar de balde co seu carné. Os non socios e demais asistentes deberán aboar unha entrada de 3€ por neno/a, a cal podedes adquirir no local do ANPA no seu horario habitual, a partir do martes 28 de novembro. 

Tamén contaremos cunha visita sorpresa... Non volo podedes perder... ESPERÁMOSVOS!!!

CALENDARIO ANPA 2018

Comunicamos a todas as familias que xa está á venta o novo calendario do ano 2018 da ANPA "As Aceas" do CEIP Piñeiros. As ilustracións deste calendario foron realizadas por dous alumn@s do centro, gañadores do concurso de debuxo convocado pola ANPA. Podédelo adquirir na conserxería do centro e na sede da ANPA a un prezo de 2,50€.

ACTIVIDADES ANPA 2017-18 E LOTARÍA

Aquí podedes ver as actividades que se ofertarán pola ANPA no CEIP Piñeiros durante este curso académico e o número de lotaría de Nadal posto á venda. Esta información quedará no apartado de "Nais-Pais" - "ANPA" si a queredes consultar máis adiante.

    

Distribuir contido