ENTROIDO 2018

O venres día 9 fixemos no cole a festa do Entroido. Foron uns días de moito traballo e implicación por parte de toda a comunidade educativa para que ese día todo saira ben. Ata tivemos sorte co tempo, xa que non nos choveu en toda a saída. O Entroido, ademais de ser unha manifestación cultural, tamén é motivo de risas e emocións onde manifestamos alegría, entusiasmo, gozo e outras actitudes que nos fan recordar a nosa outra dimensión humana. Deixámosvos por aquí as fotos deste día tan bonito co pasarrúas, as larpeiradas e máis fotos.