Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

Dende o día 19 de maio ata o día 22 de xuño de 2022 está aberto o prazo para a solicitude de axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan  axudas para adquirir libros de texto e material esiolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ed. secundaria obrigatoria e ed. especial en centros docentes sostidos con fondos  públicos para o curso esiolar 2022/2023 (código  de proiedemeóto ED330B) (Diario Ofcial de Galicia do 18 de maio de 2022).

A solicitude pódese presentar:

- PREFERENTEMENTE NA SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia. Cubriranse as solicitudes na aplicación Fondolibros . Unha vez cuberto e gardado correctamente o formulario de solicitude tedes dúas opcións: podedes presentala telemáticamente na SEDE ELECTRÓNICA ou no centro. Se clicades AQUÍ  teredes o manual de uso dos cidadáns para cubrir na plataforma.

- No centro: traerase o formulario cuberto a man coa documentación necesaria no horario de secretaría de 13:45h a 14:20h. Excepto o mércores día 22/06 que o horario será de 12:00h a 12:30h.

INSTRUCCIONS PARA CUBRIR IMPRESO DA SOLICITUDE

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

- Anexo I

Anexo II

- Copia do libro de familia.

Se a situación familiar é diferente á do libro, terá que traerse certificado ou volante de convivencia e/ou informe dos servizos sociais.

- De darse o caso, sentenza xudicial de separación/divorcio.

- No caso de discapacidade, incapacidade permanente total ou grande invalidez dalgún dos membros igual ou superior ao 33% presentarase no caso de non autorizar a consulta.

- No caso de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación presentarase documentación acreditativa.

PRAZOS

Ata o 22 de xuño entregaranse as solicitudes.

- O 4 de xullo publicarase a listaxe provisional no taboleiro do centro. Poderase reclamar nos dous días seguintes á dita publicación (5 e 6 de xullo).

- O 8 de xullo publicarase a listaxe definitiva.

RECOLLIDA DE LIBROS

Os libros prestados no presente curso entregaranse por medio dos titores/as antes do 22 de xuño de 2022.

 A entrega dos libros e vales para o curso 2022/2023 farase no inicio do vindeiro curso no mes de setembro.

AdxuntoTamaño
ANEXO I.pdf1.61 MB
ANEXO II.pdf990.25 KB
PRAZOS FONDOLIBROS 2022 2023.jpg102.49 KB
formas presentación.jpg288.12 KB
INSTRUCCIONS PARA CUBRIR SOLICITUDE FONDOLIBROS.pdf1.8 MB


story | by Dr. Radut